Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca
O libro de Sechu Sende, Made in Galiza, pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo. É un libro que contén 42 relatos breves, neles cóntanos historias relacionadas coa lingua galega, coa súa situación.
Nuns relatos o narrador é interno, a historia é contada por un dos protagonistas (por exemplo: Falar, Na oficina de obxetos perdidos, A fábrica de palabras…), noutros o narrador é externo, a historia non está contada por ningún protagonista (por exemplo: A muller que vivia no futuro, Uf, O ladrón de palabras…). Polo tanto, uns relatos están en 1ª persoa e outros en terceira. Nalgúns relatos o narrador é o propia lingua galega.
Noite de voraces sombras, novela de Agustín Fernández Paz pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos a historia de Sara, unha moza, que durante unhas vacacións na casa da súa avoa atopa unha serie de cartas e fotos que lle cambia a vida. A historia está contada por un narrador interno, xa que é a propia protagonista quen a narra e está, polo tanto, en primeira persoa.
A Praia dos Afogados, novela de Domingo Villar, pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos as investigacións policiais levadas a cabo polo inspector Leo Caldas para resolver o asasinato dun mariñeiro de Panxón.
Leo Caldas, inspector de policía, é o encargado de investigar o afogamento dun mariñeiro de Panxón, Xusto Castelo. Ao principio todo foi pensar que se trata dun suicidio pero resulta ser un asasinato. A investigación leva a Leo Caldas a relacionar a morte do mariñeiro co naufraxio dun pesqueiro o Xurelo, do cal o afogado fora mariñeiro e este naufraxio cao desaparición dunha muller en Aguiño, Rebeca Neira. Ao final o asasino do mariñeiro resulta ser un dos seus compañeiro do pesqueiro naufragado: Marcos Valverde, o cal resultou tamén ser o asasino do capitán do Xurelo e de Rebeca Neira.
Nestes vídeos, podedes ver tres das historias que as madriñas do IES Félix Muriel contaron aos seus afillados do CEIP Castelao o pasado mes de abril.
Para celebrar o día do libro, o programa "Días de Cine" de LA2, emitiu unha interesante reportaxe sobre os libros no cine. Se o non tiveches ocasión de velo, aquí tes o vídeo:
O pasado xoves, 25 de abril, seis alumnas do IES Félix Muriel convertíronse en "Madriñas lectoras" de alumnos de 1º e 2º de primaria do CEIP Castelao. Cada unha contou un conto nun aula, converténdose así na súa madriña para os vindeiros anos, xa que repetiremos a experiencia o próximo curso. Dos pequenos, cada unha recibiu un bonito agasallo, un marcapáxinas e un orixinal debuxo feito por eles. Gustounos moito a experiencia e estamos desexando repetir. Grazas a Nerea e Amanda que se encargaron de realizar fotos e un vídeo.
O día 23 de abril celébrase o día do libro, durante toda a semana o celebraremos no IES Félix Muriel, os departamentos do centro amosarannos libros relacionados coas distintas materias, podes velos nos puntos del lectura e pasillo do edificio central.
Autor de grandes novelas:
La sonrisa etrusca.
Octubre, octubre.
La vieja sirena.
Al río que nos lleva…
Autor de libros de economía:
El mercado y nosotros.
El mercado y la globalización.
La inflación (al alcance de los ministros)
Economía humanista. Algo más que cifras.
Conversaciones sobre la política, mercado y convivencia…
Autro do prólogo da edición española de ¡Indignaos!
Un vídeo moi interesante realizado por Jordi Évole, onde José Luis Sampedro analiza a situación actual dunha maneira clara e extremadamente lúcida.