Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

 

O libro de Sechu Sende, Made in Galiza, pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo. É un libro que contén 42 relatos breves, neles cóntanos historias relacionadas coa lingua galega, coa súa situación.

Nuns relatos o narrador é interno, a historia é contada por un dos protagonistas (por exemplo: Falar, Na oficina de obxetos perdidos, A fábrica de palabras…), noutros o narrador é externo, a historia non está contada por ningún protagonista (por exemplo: A muller que vivia no futuro, Uf, O ladrón de palabras…). Polo tanto, uns relatos están en 1ª persoa e outros en terceira. Nalgúns relatos o narrador é o propia lingua galega.

 

Noite de voraces sombras, novela de Agustín Fernández Paz pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos a historia de Sara, unha moza, que durante unhas vacacións na casa da súa avoa atopa unha serie de cartas e fotos que lle cambia a vida. A historia está contada por un narrador interno, xa que é a propia protagonista quen a narra e está, polo tanto, en primeira persoa.

 

 

A Praia dos Afogados, novela de Domingo Villar, pertence ao ámbito literario e dentro  deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos as investigacións policiais levadas a cabo polo inspector Leo Caldas para resolver o asasinato dun mariñeiro de Panxón.

Leo Caldas, inspector de policía, é o encargado de investigar  o afogamento dun mariñeiro de Panxón, Xusto Castelo. Ao principio todo foi pensar que se trata dun suicidio pero resulta ser un asasinato. A investigación leva a Leo Caldas a relacionar a morte do mariñeiro co naufraxio dun pesqueiro o Xurelo, do cal o afogado fora mariñeiro e este naufraxio cao desaparición dunha muller en Aguiño, Rebeca Neira. Ao final o asasino do mariñeiro resulta ser un dos seus compañeiro do pesqueiro naufragado: Marcos Valverde, o cal resultou tamén ser o asasino do capitán do Xurelo e de Rebeca Neira.

Nestes vídeos, podedes ver tres das historias que as madriñas do IES Félix Muriel contaron aos seus afillados do CEIP Castelao o pasado mes de abril.

 

 

Para celebrar o día do libro, o programa "Días de Cine" de LA2, emitiu unha interesante reportaxe sobre os libros no cine. Se o non tiveches ocasión de velo, aquí tes o vídeo:

O pasado xoves, 25 de abril, seis alumnas do IES Félix Muriel convertíronse en "Madriñas lectoras" de alumnos de 1º e 2º de primaria do CEIP Castelao. Cada unha contou un conto nun aula, converténdose así na súa madriña para os vindeiros anos, xa que repetiremos a experiencia o próximo curso. Dos pequenos, cada unha recibiu un bonito agasallo, un marcapáxinas e un orixinal debuxo feito por eles. Gustounos moito a experiencia e estamos desexando repetir. Grazas a Nerea e Amanda que se encargaron de realizar fotos e un vídeo.

204 Artigos |   | 1  |   | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.