Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Aldara'.

Unha persoa neofalante é a que se acaba de incorporar ao uso dunha lingua. Pero é esta unha condición temporal ou unha vez que es neofalante xa o es para toda a vida? Creo que hai dúas posibilidades para responder a isto.

9788498653953“Laura no deserto” de Antón Riveiro Coello é unha novela que conta a vida de Laura Crussat (ou Laura Mulisch) e tamén a dos diferentes personaxes protagonistas que van resolvendo as incógnitas que teñen sobre o seu pasado. Nas súas páxinas vivimos a Guerra Civil española, a II Guerra Mundial e as pegadas que deixan estes conflitos nas persoas tiveron a mala sorte de presencialos….

Para min un dos temas máis importantes do libro é a culpa, que é a que motiva que cada personaxe comece a indagar sobre a súa familia ou o seu pasado. Se queredes achegarvos ao libro desde a miña mirada, seguide lendo…

Foto tirada da exposición “Ruando Rianxo” de Óscar Reboiras e Xoán Antón Castro

Con motivo da celebración o 8 de marzo do día da muller homenaxearon no Parlamento galego a doce mulleres que por unha razón ou por outra romperon os esquemas da sociedade facendo cousas que tradicionalmente non realizaban as mulleres. Unha delas foi Maruxa Miguéns, a primeira gaiteira profesional de Galicia

Adobe Photoshop PDFO pasado sábado 30 de xaneiro celebraronse en Rianxo os Actos Castelao, que conmemoraban os 130 anos do nacemento de Castelao. Coma todos os anos, houbo diferentes propostas para todos os públicos, como presentacións de libros ou, do que eu vou falar, unha representación teatral.

“Os vellos non deben de namorarse”  representouse por primeira vez con títeres de man de Fantoches Baj. Todos sabemos que se narra nesta obra de Castelao, pero por se hai algún despistado, conta a través de tres vellos e os seus amoríos con rapazas novas (que só buscan aproveitarse do seu diñeiro) porque os vellos non deben de namorarse.

índiceDespois de ler  “A memoria da choiva” de Pedro Feijoo, lin unha reseña sobre el de Ramón Nicolás e, aínda que concordo coa súa opinión, levoume a reflexionar un bocado máis na obra e a elaborar a miña propia recensión da novela.

creadores - 0001Vimos de saber que o ex-alumno deste instituto, Gonzalo Hermo, gañou o Premio de Poesía Xove “Miguel Hernández” 2015. Este poeta nacido en Taragoña estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago”SC”. Acabou os estudos en 2010 pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente traballa no Instituto da Lingua Galega, onde prepara a súa tese de doutoramento en onomástia e documentación mediaval.

lgargola2Este sábado día 30 de maio Mariña Pérez presenta na nosa vila rianxeira o libro Boca de Gárgola. Será ás oito do serán no Salón de Actos do Auditorio.

Mariña Pérez Rei é escritora, e ainda que está afincada en Santiago de Compostela, naceu en Ames. E profesora de Lingua Galega e Literatura no instituto de Brión.

Escribe tanto poesía como prosa.  Ten públicadas as novelas: “Canícula”, “Costa necrópole” e “Contrapicados.” Ademais tamen escribiu as seguintes obras de poesía: “Fanerógama”, “Apuntamentos para un cuarto confuso e  cambiante” e “Paquidermo.”

serán mar de RianxoEste sábado 30 de maio, o grupo Vai de Roda organiza o X Serán Mar de Rianxo. Coma todos os anos, se non chove, será no Campo de Arriba. Haberá un “seranciño” para os máis pequenos ás oito da tarde e logo ás dez comezará o serán.

A novidade deste ano é que dende a unha da tarde ata as catro. Algúns grupos farán un pasabares polos bares e cafeterías de Rianxo para ir collendo forzas para a noite.

 

19 Artigos | 1  | 2  | 3  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.