Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Club de lectura Ex Libris
As flores radiactivas. Agustín Fernández Paz

 

flores radiactivas1Un estraño fenómeno aparece na fosa atlántica, zona que ata hai pouco tempo utilizaron unha serie de paises europeos para verquer os residuos radiactivos procedentes  das súas centrais nucleares. Quen lle ía dicir a Alba, unha rapaza dunha vila da bairamar galega, que ía ser a protagonista dunha aventura que había acabar tendo unha repercusión mundial?Premio Merlín, 1989

 

 

Agustín  Fernández Paz,  nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 é  escritor e pedagogo. Diplomado en enxeñería industrial mecánica, e licenciado en Ciencias da Educación, foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Como mestre e pedagogo, é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas.

Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista da Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.

http://agustinfernandezpaz.eu/

 

 


 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.