Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Club de lectura Ex Libris
Contos por palabras

contospaHai once relatos reunidos neste libro que son moi diferentes entre si, mais teñen unha orixe común: todos eles naceron a partir dalgún dos anuncios por palabras que atopamos a diario nos xornais. Pareceunos moi interesante e escollémolo para ler no noso grupo de lectura de 1º ESO. Vai ser o noso primeiro libro no club e para algúns do grupo, mesmo vai ser a primeira vez que lean un libro enteiro deste tamaño!

 

O que nos di a contraportada é o seguinte:

A alegría dos personaxes destes contos é tan insólita como variada: un unicornio solitario, un Spiderman moi habilidoso, un vampiro sen emprego, un home lobo namorado, unha nai obsesionada pola publicidade, un león con alopecia, un bruxo fascinado pola informàtica…

Contos por palabras destaca pola súa orixinalidade, tanto nas historias como na forma de narralas. Un libro xa clásico, que aposta de forma decidida pola fantasía e o humor.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.