Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

María Domínguez e María Losada

IMG_20140423_104522   IMG_20140423_112253  Hoxe tivemos a inmensa sorte de celebrar o día do libro co poeta Carlos Negro. Presentounos en primicia o seu novo libro de poesía “Penúltimas tendencias” e durante 50 minutos estivemos disfrutando moito cos seus poemas.

Artigo: Carla Tubío (PCPI-2)
Imaxes: Pablo Suárez e Carla Vidal (PCPI-2)

Pablo Suárez. PCPI-2Libros? Algunha vez os seus propios fillos lle preguntarán que é iso. Cada día os libros utilízanse menos, xa están “pasados de moda” e o que máis se
usa agora son os chamados eBooks, tamén coñecidos como libros electrónicos.
Como a moitos outros asuntos, ao libro tamén se lle adica un día ao ano, pero ese é o único día do ano no que nos temos que acordar deles?

Selección dos marcapáxinas elaborados polo alumnado de PCPI-2 para celebrar                        o día do libro. 23 de abril de 2014

XU-3

O pasado mes  de febreiro, veu Xosé Manuel Iglesias ao noso centro para falarmos dos Xenerais da Ulla, contounos todo acerca da tradición do entroido na comarca da Ulla, de como se celebra a festa e como son os traxes típicos que locen os Xenerais nestes días.

Baixo unha personalidade, Camilo Sabio Doldán Patiño,  é capaz de reunir Antonio Riveiro Coello algúns dos acontecementos máis decisivos da historia galega. Nas Rulas de Bakunin non faltan mencións á represión, ó exilio, ao agrarismo, a restrición de liberdades, á guerra, ó cárcere… En resumo, ó temor intenso das paisaxes conmovedoras do pasado.

menuEstamos lendo o noso segundo libro, Menú de enganos, de Manuel Núñez Singala.

Queremos comentar dous relatos que nos gustaron moito:”O tobo” e “O inhalador”.

No primeiro deles, o “Tobo”, o protagonista é un rapaz que se fixa nunha rapaza que chegou nova á súa escola. Isto sucedeu hai moitos anos, na época de Franco, cando se separaba o alumnado por sexos nos colexios. A nena sempre levaba un vestido que non lle gustaba ás súas compañeiras, feito que provocaba que se burlasen dela.

194 Artigos |   | 1  |   | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  |   | 25  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.