Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:
Este programa busca ser unha proposta de dinamización da lingua galega para a mocidade da Arousa Norte a través dunha actividade innovadora que une varios elementos: por unha banda a realización dunha actividade lúdica en galego e por outra o achegamento ao patrimonio da zona a través dun formato diferente, as novas tecnoloxías. Para achegarnos dunha forma lúdica empregaremos unha obra de humor que trata esta cuestión a Guía do autostopista galáctico.
Na obra preséntase a historia de Arthur Dent, que leva unha vida sinxela e tranquila nunha aldeíña. No entanto, o universo prepara un plan faraónico para acabar coa súa tranquilidade: un día, á mañanciña, e xa antes de almorzar, atópase cercado por unha recua de monstros mecánicos amarelos que pretenden explanar a súa casa para que pase por ela unha autoestrada, que non vai levar por diante o seu fogar, senón tamén o resto do planeta.
Que pasaría se na Arousa Norte nos enfrontásemos a esa situación? Que fariamos con todo o noso patrimonio? Como tentariamos salvalo?

Con esta actividade achegámonos á lingua galega dunha forma lúdica, a través de varios formatos (probas de campo, lectura e actividades virtuais) ao tempo que   coñecemos o patrimonio da zona e incrementamos a presenza da lingua galega na internet.

Era un airiño soave
que se ergueu pola mañán
e viña de non se sabe.
 

Era un recendo de rosas
de roseira de ningures,
que se meteu pola porta.

Era unha cantiga leda
que nascía non sei onde
e petaba na fiestra.

Era unha gracia sotil
que baixaba das estrelas …

¡Eras ti!

QUE TARDE TANTO

Deixa que se alongue esta inquedanza de agora.
Que tarde, que tarde tanto
a patria deste
movimento da sevidume do pan.

Eu acaramelaba fechada nunha urna
pero non lazaba nunca a miseria dunha carencia.

 Querida Lucía, queridas lectoras,

En primeiro lugar gustaríame agradecervos que vos puxerades en contacto comigo. Lucía é quen asina pero vexo que fala en plural así que o agradecemento é para todas por facerme un oco no voso tempo. Falades na vosa carta do final de Resistencia, das vosas dúbidas e de
que vos gustaría que fose bonito e con altas doses de paixón. Eu devólvovos a pregunta. Cal e como pensades vós que é o final? Neste caso non me refiro a vós como colectivo senón a todas e cada unha de vós. Porque o final non é meu nin a miña decisión, tampouco a miña
propiedade exclusiva. O final pertence a quen le. Quen escribe achega unha historia que quere ser compartida pero os rostros, as paisaxes, as maneiras de falar, en definitiva, a Literatura con maiúsculas constrúese man a man con quen mergulla nese mundo literario. Por iso cada unha
de vós debe escoitarse a si mesma porque, no fondo, todas tedes o voso final ben amarradiño na cabeza. Todas sabedes como acaba, non necesitades que volo diga eu. Que máis ten que coincida co das demais ou co da propia autora! Se eu non o escribín abertamente foi porque
quixen outorgar esa liberdade a quen le e, por iso, o final é voso. Perténcevos como lectoras.

Con respecto a unha segunda parte de Resistencia, quen o soubese! Talvez un día Dinís e Filipa volvan petar á porta da miña imaxinación e precise contar o resto da súa historia. Polo momento, fico enguedellada con Leo, quen logrou cavar un oco grande no meu mundo
literario dende hai un tempo e decidiu contarme as súas viaxes, a súa fantástica historia. Agardo compartila convosco algún día. Só vos anuncio que ten algo de amor, moito de aventura, ducias de viaxes e un chisco de misterio tamén…

Espérovos neses novos libros e graciñas outra vez polas vosas palabras!

Rosa Aneiros

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Estimada Rosa Aneiros:
Lin o seu libro de Resistencia, e téñolle que dicir que me gustou moito. Non foi aburrido, nin se puxo pesado como outros libros que se centran máis na Guerra e deixan as historias de amor en segundo plano.
Supoño que non serei a única das súas lectoras que lle din isto, pero principalmente escríbolle para pedirlle que por favor lle faga unha segunda parte a Resistencia. Eu e outras tantas alumnas de 4º de ESO gustaríanos moito que o fixese.
Sabemos máis ou menos como é o final, pero aínda así, temos esa dúbida de se vai para o Pinhal do Rei ou para Brasil.A poder ser, gustaríanos que o reencontro entre Filipa e Dinís fose bonito e apaixonante.
Moitas grazas por prestarme un anaco do seu tempo.
Lucía Ordóñez Iglesias.

    A obra titulase O sangue dos Cortiña e foi escrita por Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955). 
    A obra pertence ao xénero literario narrativo. Divídese en tres partes comezando pola introdución, onde comeza  a invasión napoleónico as Terras do Ribeiro. Despois no nó o pobo é desvalixado a causa da guerra e as mulleres maltratadas. Un dos que estivo a guerra foi Pedro Cortiña. E finalmente no desenlace moitos Habitantes morren a causa da guerra.
    Nun breve resumo o libro trata sobre como o exército napoleónico invade as Terras do Ribeiro. Conta como desvalixan o pobo roubando e rompendo todo canto encontran.
    O tema principal é a guerra. 
    A obra está narrada en terceira persoa por un narrador alleo á historia.
O protagonista é Pedro Cortiña, un home de prestixio que posuía un gran almacén no pobo. Tamén están a súa muller é a súa única filla. Fora da familia está o pobo e máis o exército.
    O espazo onde se desembolven os feitos son as Terras do Ribeiro. Os feitos transcorren na época da guerra.
    Para finaliza na miña opinión estas obras que relatan feitos históricos non me gustan moito porque fánseme moi pesadas. Aínda menos mas que o libro é curto, porque senón custaríame moito lela e faríaseme moi pesada.
    Esta obra, na miña opinión, relata moi ben o ocorrido na invasión de Galicia polo exército napoleónico.

  A Pomba e o Degolado é unha obra de Fina Casalderrey. Esta obra pertence ao xénero literario narrativo. Divídese en tres partes comezando pola introdución onde André conta o acoso que sofre no instituto. A continuación ven o nó onde se desenvolve a historia. No nó André conta como pasou os días na casa de seu avó e coidaba os paxaros e como comezou a chatear. Finalmente no desenlace seu avó morre de descobre quen é era esa Pomba coa que falaba.

    O argumento da obra é que André é un adolescente que vai ao instituto e sobre acoso escolar por parte de dous rapazes do instituto, Raúl Pernas e Héctor Solla. André pasaba moitos dias na casa dos seus avós, xa que seu avó ensináballe a coidar os paxaros que tiña (máis de cen). Un día pediulle que lle instalase internet e desde esa comezou a chatear unha tal Pomba. El tiña de nick Degolado.
    Moitas veces tamén ía con seu pai (seus pais estaban separados) pero enfadouse con él cando lle descubriu unha caixa de porros.
    Ao final seu avó ponse moi enfermo e morre, André promételle que coidará dos paxaros como él o fixo e tamén acaba facendo as paces con seu pai. Descobre tamén quen era esa Pomba do chat, era Halima Atif, unha compañeira de clase coa que se levaba moi ben e que un dia, despois da morte de seu avó, leva a súa casa a ensinarlle os paxaros, xa que a ela tamén lle gustaban.
    O tema principal da historia é o acoso escolar que sufre André. O tipo de narrador é en primeira persoa, xa que é o protagonista quen a narra. Este protagonista é André. Xunto a él están os matóns (Raúl Pernas e Héctor Solla), os seus avós, os seus pais e a súa compeñeira Halima.
    O espazo no que se desenvolve a obre é na casa dos avós e mais no instituto principalmente. Estes feitos transcorren na actualidade.
    Para finaliza na miña opinión esta obra é moi entretida e mostra moi ben a parte escura do instituto, o acoso escolar que sofre o protagonista.

O sangue dos Cortiña é un relato histórico de Miguel Anxo Fernández, pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo, nel cóntasenos a historia de Pedro Cortiña e a loita contra a invasión de Galiza polo exercito napoleónico.
     A historia está contada por un narrador externo pois relátanos a historia dende fóra do relato, non é ningún dos personaxes e está contada en terceira persoa.
Os termos en torno ao que xiran os acontecementos son:
    As loitas entre os franceses e os galegos para evitar a invasión dos franceses.
    O desexo de vinganza reflexada en don Pedro despois de que os franceses forzaran á súa dona e filla e, na súa filla cando abandona a súa convalecia para loitar.
    A valentía reflexada en don Pedro, nos paisanos e sobre todo nesas dúas mulleres que sobresaían na loita aínda cando  xa se sentiran derrotados desde a fracasada defensa da Ponte Mourentán.
   Ao principio do relato fálasenos da época na que transcorren os acontecementos que é no inverno de 1809 e do espazo no que se desenvolven, nas termas do Ribeiro, en Ribadavia..
   O personaxe principal é Pedro Cortiña un comerciante que vai loitar contra a invasión dos franceses nas terras do Ribeiro, contra os homes do Mariscal Soult.
    Ademais deste personaxe principal hai outros secundarios como:
    O tratante José González: coñecido co alcume do Labrador que vai ser o compañeiro de loita de don Pedro.
    Carrascón: comandante  xeral dos resistentes.
    M. Naylles: oficial militar e cronista da Afrancesada.
    Jose Puga e o abade do Vilar e Couto.

Pedro cortiña, dono do mellor almacén, máis abastecido do vila, home afable, casado, cunha fillar, contrario á violencia e que estaba a favor da resistencia pacífica contra a invasión francesa, muda de parecer cando un grupo de franceses asalta a súa facenda e forzan á súa dona e á súa filla. A partir de aquí incorpórase á loita de forma activa cunha grande valentía que contaxiara ao resto dos combatentes provocando moitas baixas no inimigo. Morre nunha das batallas máis encarnizadas da resistencia aos franceses en Galiza. A súa filla e a súa muller tamén abandonara a súa convalecencia e combaterá contra os franceses motivada polo desexo de vinganza, perderá a vida.

O sangue dos Cortiña, a pesar de ser un libro tan curto, para min recolleu moi ben as atrocidades que fixeron os franceses cando invadiron as terras do Ribeiro. Paréceme moi interesante destacar, como tamén o fai o libro, a valentía e intelixencia das mulleres galegas daqueles anos, pois a pesar de non dispoñer de armas amañábanse moi ben para defenderse utilizando cousas tan sinxelas como baldes cheos de aceite fervendo e pedras. Este relato gustoume moito, foi como recrear unha parte da historia da nosa terra.

Raúl Muñiz García – 3ºE

204 Artigos |   | 1  |   | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.