Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

“El atlas esmeralda” é un libro sobre tres nenos que se embarcan nunha aventura cara ao mundo máxico, onde as cousas non son o que parecen.

O pasado día 15 de abril, na cidade de Ourense, presentouse a traducción do libro máis importante de Eduardo Blanco Amor ao inglés, libro que xa conta con traduccións ao italiano e ao francés.

Á presentación acudiron numerosas persoas; entre eles estiveron o conselleiro de Cultura , Xesús Vázquez ; o director da producción da editorial Galaxia, Xosé Soutollo; o autor da traducción Craig Patterson ;o presidente do Centro PEN de Galicia, Luis González Tosar e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ademais da sobriña-neta de Blanco Amor para falar deste traballo.

As chaves do Tempo, novela de Luisa Villalta, é unha novela baseada nun relato, polo que pertence ao ámbito literario e dentro dese ao xénero narrativo, nela cóntasenos a historia dun rei, don Arturo, que deixa en mans da fortuna quen dos seus fillos debe reinar.O narrador deste relato é a lingua galega. A introdución que hai antes dos capítulos está en primeira persoa mentres que os capítulos están en terceira persoa.

Comedia bífida

O escritor e encargado do Servizo de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez Singala informa dos prexuízos que teñen os galegos contra a súa propia lingua a través de tres materiais moi interesantes; a primeira é mediante o libro “En galego, por que non?”, outra  mediante unha serie de videos e a última é mediante a obra de teatro “Comedia bífida”.

A banda sen futuro, novela de Marilar Aleixanche, é unha novela que pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos a historia dunha rapaza de 16 anos, chamada Carlota, á que lle raparon o cabelo debido a un eccema. O narrador é interno, a historia está contada pola protagonista dos feitos e, polo tanto, trátase dunha narración en primeira persoa.

Poñemos os vídeos sacados da gravación da TVG no acto de recitado de poemas, textos e contos que se celebrou no noso IES co motivo do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro

 No primeiro presentamos o xurado, con profes e alumnos/as e como non o público asistente

 

Neste os presentadores: Lidia e Douglas e Lolita que recita "Amor de agua lixeira"

O pasado venres 27 de xaneiro foi a presentación do libro Máxico tear natural do profesor deste instituto Xosé Manuel Lobato

204 Artigos |   | 1  |   | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.