Un estraño fenómeno aparece na fosa atlántica, zona que ata hai pouco tempo utilizaron unha serie de paises europeos para verquer os residuos radiactivos procedentes das súas centrais nucleares. Quen lle ía dicir a Alba, unha rapaza dunha vila da bairamar galega, que ía ser a protagonista dunha aventura que había acabar tendo unha repercusión mundial?Premio Merlín, 1989