Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

Baixo unha personalidade, Camilo Sabio Doldán Patiño,  é capaz de reunir Antonio Riveiro Coello algúns dos acontecementos máis decisivos da historia galega. Nas Rulas de Bakunin non faltan mencións á represión, ó exilio, ao agrarismo, a restrición de liberdades, á guerra, ó cárcere… En resumo, ó temor intenso das paisaxes conmovedoras do pasado.

menuEstamos lendo o noso segundo libro, Menú de enganos, de Manuel Núñez Singala.

Queremos comentar dous relatos que nos gustaron moito:”O tobo” e “O inhalador”.

No primeiro deles, o “Tobo”, o protagonista é un rapaz que se fixa nunha rapaza que chegou nova á súa escola. Isto sucedeu hai moitos anos, na época de Franco, cando se separaba o alumnado por sexos nos colexios. A nena sempre levaba un vestido que non lle gustaba ás súas compañeiras, feito que provocaba que se burlasen dela.

As  Xornadas de Literatura de Tradición Oral  propoñen cada outono, desde 2008, a  sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Nesta ocasión o tema abordado foi  ”Historias, mitos e monstros do mar de Galicia”


guerracivilDespois de lermos o libro estivemos a reflexionar sobre o que nel se nos presenta e agora deixámosvos aquí a nosa opinión.

En apenas unhas cantas páxinas Xosé Fernández Ferreiro é capaz contar unha historia  que recrea unha época crucial na historia de España e por extensión en Galiza.  Pero non o fai de calquera forma senón con realismo verista, crueza e eficacia narrativa.

Estivemos lendo Agosto do 36, un libro que se remonta ao inicio da Guerra Civil española, guerra na que os falanxistas xuraron limpar España de comunistas e herexes. Esta realidade faise patente coa historia de Sara e o seu marido, Gregorio,  unha parella de mestres de Abades de ideoloxía vermella, vítimas da trama dun asasinato coñecido como […]

alpes-franciaXa rematamos de ler ” O homem que plantava árvores” tradución ó portugués da obra do autor francés Jean Giono, que  presentamos  nun artigo publicado hai un tempo.

Fátima Somoza (2º Bac.)

Agosto do 36 é unha obra narrativa escrita por Xosé Fernández Ferreiro e publicada en 1991. Recibiu o Premio Xerais neste mesmo ano.

Neste libro, ambientado no verán de 1936, cóntasenos as situacións que levaron, na parroquia de Abades, a que unha parella de mestres finalmente acabasen en mans de catro falanxistas, partidarios do réxime. Antes de atoparse nesa situación, Gregorio e Sara coñecéranse dende pequenos e ambos formáranse como mestres, oficio que anos máis tarde exercerían en San Ramón de Fontiñas. Tamén aquí casaran.  Sara era unha muller das máis

204 Artigos |   | 1  |   | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  |   | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.