Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Grupo de lectura 6 Arancha, Tofik, Brais, Adrián, José, Tania, Gadea,Nicolás, 1º ESO'.

menuEstamos lendo o noso segundo libro, Menú de enganos, de Manuel Núñez Singala.

Queremos comentar dous relatos que nos gustaron moito:”O tobo” e “O inhalador”.

No primeiro deles, o “Tobo”, o protagonista é un rapaz que se fixa nunha rapaza que chegou nova á súa escola. Isto sucedeu hai moitos anos, na época de Franco, cando se separaba o alumnado por sexos nos colexios. A nena sempre levaba un vestido que non lle gustaba ás súas compañeiras, feito que provocaba que se burlasen dela.

  Tal e como vos dixemos noutro artigo, estamos lendo o libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.     Desta vez lemos “Un artista do neón”,  ” Vanesa e o anuncio de televión” e “O caso do estraño empregado”. O primeiro deles trata dun home que traballaba nunha fábrica de rótulos de neón. Ás veces […]

Como xa vos anunciamos comezamos a ler o libro “Contos por palabras” e, aínda que vos pareza algo fácil, para nós é un reto moi grande pois non estamos afeitos a ler. Lemos e estivemos debatendo sobre os  dous primeiros contos que teñen en común que os protagonistas buscan parella. No primeiro trátase  dun home […]

contospaHai once relatos reunidos neste libro que son moi diferentes entre si, mais teñen unha orixe común: todos eles naceron a partir dalgún dos anuncios por palabras que atopamos a diario nos xornais. Pareceunos moi interesante e escollémolo para ler no noso grupo de lectura de 1º ESO. Vai ser o noso primeiro libro no club e para algúns do grupo, mesmo vai ser a primeira vez que lean un libro enteiro deste tamaño!

 

4 Artigos
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.