Enlaces interesantes a medios de comunicación
Aquí podedes vela, pero os 50 subscritores do noso centro xa a van ver en papel nas súas casas. Tamén a repartiremos polos locais do concello onde a xente normalmente le algo. Esperemos que vos guste. Analizouse nesta ocasión o mal chamado Decreto de plurilingüismo pero tamén trae artigos e suxestións tan interesantes coma sempre!
Aquí está de novo a revista que a CGENDL fai para as familias. Trae moitos artigos interesantes para toda a comunidade educativa. Non deixedes de lela
A estas alturas xa non se sabe que próxima personaxe lle dedicará una faltada máis ao galego. Hai uns meses foi unha xornalista e escritora de orixe galega: Marta Rivera de la Cruz. Nacida en Lugo no 1970, foi finalista do Premio Planeta en 2006 coa novela En tiempo de prodigios pero ademais en Galicia é coñecida polos seus ataques cara ao galego, coma o último protagonizado arredor do topónimo A Coruña.
Por Fátima Somoza (2º Bac.B)
Co obxectivo de reflectir a realidade en galego nos diferentes medios de difusión e comunicación, libres de calquera tipo de traducións, a CTNL(Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística) presentou á sociedade unha nova campaña de visibilización do uso do galego nos medios. Este proxecto foi presentado o pasado martes 25 de marzo de 2014 no espazo cultural “A Nave de Vidán”, en Santiago de Compostela.
PAULA FARIÑA, DIANA FRANCO e MARTA LORENZO (1ºBAC-A)
O pasado sábado 26 de outubro entrevistamos a un dos máis grandes actores e directores do mundo cultural galego, Artur Trillo, que está á fronte da compañía Talía Teatro.
Nesta entrevista puidemos obter información de gran importancia sobre os distintos puntos de vista de Artur, así como descubrir moitas cousas novas da súa historia persoal e profesional. Entre elas está a súa opinión absolutamente contraria á subida dun 21% do IVE para os espectáculos culturais, posto que para el amosa a verdadeira cara do goberno cara a cultura galega.
DIANA FRANCO (1ºBAC-A)
Galicia definitivamente atopou cura para a febre do informe PISA, a pesar de que a deberá seguir tratando. O conselleiro de educación, Jesús Vázquez, mostra a súa satisfación por semellante logro. Pero deberemos pararnos aquí? Debemos conformarnos con saír ben parados no campo da comprensión lectora e en ciencia? Segundo o noso conselleiro de educación, non. Aínda que podemos dicir que Galicia goza de boa saúde ante esta febre con respecto a outras comunidades, non se pode considerar de todo curada posto que o noso nivel en matemáticas vese timidamente empeorado con respecto aos balances de ciencias e comprensión lectora, cuxa mellora débese ao papel fundamental que interpretaron as bibliotecas escolares.
0 24 de xullo de 2013, é unha desas datas que quedan na memoria. Creo que moitas persoas e seguramente todos os galegos recordaremos onde e que estabamos facendo no momento que chegou a nós a noticia da traxedia.
hospitais. Actos coma este fan, na miña opinión, que os debamos sentirnos orgullosos do noso pobo, que actuou unido e solidario.