Por Carmela Castro (2º Bach. A)
A RAG vén de presentar un manifesto onte 30 de xaneiro. O seu título: “O galego dá vida, pola vida do galego” e con el a Real Academia Galega presenta aos medios unha declaración institucional na que fai pública a súa preocupación con respecto aos novos datos estatísticos que revelan un claro retroceso do uso do galego na sociedade e, especialmente, nas xeracións máis novas.
A Real Academia, anima ao goberno galego a por en práctica o previsto na Lei de Normalización Lingüística e no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004), aprobados por unanimidade do Parlamento galego- para reverter urxentemente a situación do galego na actualidade.
Fai tamén unha especial mención á situación do galego no sistema educativo e responsabiliza directamente ao goberno galego do retroceso do galego no ámbito do ensino ao realizar reformas legais que non axudaron a frear este retroceso. A RAG lembra que recorreu no seu momento o decreto de “plurilingüismo” e insiste en reclamar a súa derrogación.
Na declaración, a Real Academia achega unha serie de recomendacións para a promoción do galego en diversos ámbitos da sociedade galega (ensino, ocio, medios de comunicación, empresa, Igrexa, Administración, cultura, …) e asume a súa responsabilidade no que respecta á súa aplicación.
Por último, urxe ao goberno galego a que lidere o impulso para a recuperación do galego e que estableza un marco normativo axeitado para que se leve a cabo.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]