Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios

Enlaces interesantes a medios de comunicación

Artigos nesta sección:

   imagesA estas alturas xa non se sabe que próxima personaxe lle dedicará una faltada máis ao galego. Hai uns meses foi unha xornalista  e escritora de orixe galega: Marta Rivera de la Cruz. Nacida en Lugo no 1970, foi finalista do Premio  Planeta en  2006 coa novela En tiempo de prodigios pero ademais en Galicia é coñecida polos seus ataques cara ao galego, coma o último protagonizado arredor do topónimo A Coruña.

Por Fátima Somoza (2º Bac.B)

comochodigoCo obxectivo de reflectir a realidade en galego nos diferentes medios de difusión e comunicación, libres de calquera tipo de traducións, a CTNL(Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística) presentou á sociedade unha nova campaña de visibilización do uso do galego nos medios. Este proxecto foi presentado o pasado martes 25 de marzo de 2014 no espazo cultural “A Nave de Vidán”, en Santiago de Compostela.

PAULA FARIÑA, DIANA FRANCO e MARTA LORENZO (1ºBAC-A)

O pasado sábado 26 de outubro entrevistamos a un dos máis grandes actores e directores do mundo cultural galego, Artur Trillo, que está á fronte da compañía  Talía Teatro.
Nesta entrevista puidemos obter información de gran importancia sobre os distintos puntos de vista de Artur, así como descubrir moitas cousas novas da súa historia persoal e profesional. Entre elas está a súa opinión absolutamente contraria á subida dun 21% do IVE para os espectáculos culturais, posto que para el amosa a verdadeira cara do goberno cara a cultura galega.

DIANA FRANCO (1ºBAC-A)

Galicia definitivamente atopou cura para a febre do informe PISA, a pesar de que a deberá seguir tratando. O conselleiro de educación, Jesús Vázquez, mostra a súa satisfación por semellante logro. Pero deberemos pararnos aquí? Debemos conformarnos con saír ben parados no campo da comprensión lectora e en ciencia? Segundo o noso conselleiro de educación, non. Aínda que podemos dicir que Galicia goza de boa saúde ante esta febre con respecto a outras comunidades, non se pode considerar de todo curada posto que o noso nivel en matemáticas vese timidamente empeorado con respecto aos balances de ciencias e comprensión lectora, cuxa mellora débese ao papel fundamental que interpretaron as bibliotecas escolares.

Helena Villar e Xesús Rábade Paredes presentan mañá unha exposición de fotos e un libro

Voz de Galicia

0 24 de xullo de 2013, é unha desas datas que quedan na memoria. Creo que moitas persoas e seguramente todos os galegos recordaremos onde e que estaimage_content_medium_822968_20130726113818bamos facendo no momento que chegou a nós a noticia da traxedia.

Un día de festa en Compostela que se converteu no máis sagrado día de loito. Os fogos das festas suspendéronse, e foron moitos os que prestaron a súa axuda doando sangue nos

hospitais. Actos coma este fan, na miña opinión, que os debamos sentirnos orgullosos do noso pobo, que actuou unido e solidario.

Os próximo xoves, venres, sábado e domingo deste mesmo mes, celebrarase en rianxo o 9º encontro internacional da zanfona, no que se realizará unha sesión didáctica, un concerto e dous cursos intensivos. Para máis información consultar a páxina: www.folque.com

O pasado venres 5 de abril,María Socorro, María e Gonzalo, compoñentes do EDLG, entregaron os premios do Certame Fotográfico Corasóns.

As alumnas premiadas foron:

                 - Nerea Lorenzo. 1º premio. Recibiu o seu agasallo de mans de María Socorro Miguez.

                 - Mar Fernández. 2º premio. Recibiu o seu agasallo de mans de María González.

                  - Irmás Sabela e Aldara Betanzos. 3º premio. Entregou o premio Gonzalo.

Parabéns ás compañeiras agasalladas e a todas as alumnas e alumnos que participaron nesta actividade.

138 Artigos |   | 1  |   | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.