O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística presentou hai uns días un conxunto de propostas para reverter o proceso de substitución lingüística que esta a sufrir o galego. A Mesa propón medidas de actuación ao conxunto da sociedade galega e sobre todo ás organizacións socias, sindicais e políticas. Estas medidas tamén lle serán presentadas ao presidente da Xunta, xa que é o máximo representante da política lingüística.
Entre as iniciativas que presenta propoñen a recuperación do papel normalizador da CRTVG, un plan de choque para o galego no ensino, accións no uso do galego nas administracións públicas, acordos para a recepción mutua do sinal de radiotelevisión portuguesa e TVG e axudas públicas ao uso do galego. Todas elas sinxelas e moi interesantes.
Na miña opinión, a normalización precisa do respaldo dos poderes públicos e é a Xunta co seu presidente á cabeza terá que ser quen inicie as accións políticas para repor o uso do galego e evitar asi a súa substitución.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]