Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios

Enlaces interesantes a medios de comunicación

Artigos nesta sección:

O transporte urbano de Ourense deixa xa no portal ás mulleres que viaxan soas de noite 

Os abusos machistas, as increpacións e os acosos ás mulleres son cousas que, por desgraza, seguen sucedendo na actualidade na que vivimos. A cantidade de abusos sexuais seguen tendo unhas cifras alarmantes, o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero elévase ata 54, no que vai de ano, e a cantidade de mulleres que son perseguidas ata a súa casa ou increpadas pola rúa é tan elevada que nos debería de dar vergonza.

O acto de deixar no portal da súa casa ás mulleres que viaxen soas no transporte urbano, sempre que llo pidan ao condutor,  paréceme unha iniciativa perfecta e que se debería expandir por toda España. É un xesto que non costa nada, deter un autobús cando a muller o precise para impedir que se sinta insegura ou mesmo que, nos casos máis graves, sexa atacada.

A priori temos bastante claro o que é útil e o que non o é, pero está tan claro? Aquí entra en xogo o convencionalismo, pois o que para unha persoa pode ser algo útil e de vital importancia para min pode non selo e viceversa. Un exemplo claro disto é sacar o carnet de conducir. Para unha persoa sacar o permiso de circulación nada máis cumprir os 18 anos é algo importantísimo, algo que ansía, pero para outras pode ser algo sen importancia e innecesario.

Vivimos nunha sociedade na que un título universitario non garante un traballo e moito menos no ámbito da especialidade. O visto socialmente como útil nesta sociedade sería rematar os estudos secundarios obrigatorios, aprobar a selectividade coa máxima nota posible, entrar nunha carreira do ámbito científico-tecnolóxico e, ao rematala facer masters ou especializacións nese ámbito.  Desta forma o que se consegue é coñecer moita xente, saber moita teoría, pero ignorar a práctica, que sería o máis útil para a vida, porque non vai servir de nada coñecer moitos apartados teóricos sen saber como utilizalos. Ao final, todos eses anos de estudos non garanten nada.

O 18 de outubro, asistín xunto cos meus compañeiros e compañeiras do IES Félix Muriel, á presentación do libro Sempre en Galicia de Castelao traducido ao inglés, Forever in Galicia. A presentación celebrouse no auditorio de Rianxo con Craig Patterson, o tradutor da obra, xunto co director da editorial Clive Boutle.

Craig contounos que a tradución da obra Sempre en Galiza foi un longo e duro traballo que durou catorce anos, pero do cal se sentía moi orgulloso, polo feito de que cre que libros coma estes deben ser coñecidos universalmente. Ademais tivemos o privilexio de escoitar algún que outro fragmento do libro que nos leu o tradutor da obra.

Durante a presentación, Craig fíxonos saber que sente un amor especial cara Galicia. Explicounos que el cre que todos podemos ter varios “eu”, e que el un deles o ten aquí, unha parte del atópase en Galicia. Fíxonos saber que cando fala en galego se sente outra persoa.

Na sociedade actual o obxectivo de vida da maioría das persoas é gañar cartos, lograr unha fortuna coa que poder mercar máis e máis cousas materiais. Pero existe un pequeno grupo de individuos que teñen soños moi distintos. Precisamente dun deles e do seu soño vou falar a continuación, pois resultoume admirable e fermoso a partes iguais.

Vivir da danza galega, que persoas de fóra de Galicia saiban da súa existencia e lle poñan valor a parte da nosa cultura tradicional é o soño de Fran Sieira, un bailador que abandonou o seu traballo como economista para dedicarse por completo á danza tradicional de Galicia e fai un par de anos creou a súa compañía (do mesmo nome).

IMG_20181123_175432Durante moitos anos, vivimos nunha sociedade que consentía; que aceptaba o maltrato como algo cotián; que vía a violencia sexual como algo habitual; que permitía que os abusos e as agresións ás mulleres quedasen impunes. Todo isto debería ser parte do pasado, pero aínda hoxe, en pleno século XXI, temos que vivir con iso.

E non o consinto. Non consinto que me controles, que me manipules, que me humilles, que abuses de min e que me chantaxees emocionalmente. Non tolero que lles botes piropos ás rapazas, que cantes e bailes as cancións de Maluma, que non me sinta segura pola rúa, que me tires fotos na praia, que me persigas e que me toques o cú. Non soporto que me chames provocadora, que penses que os homes son racionais e as mulleres emocionais, que identifiques ás mulleres con conducir mal e que non entendas que non significa non. Non aturo que non me contrates por ser muller, que me sexa imposible romper o teito de cristal, que me menospreces dicindo que pelexo como unha muller e que penses que o meu lugar está na cociña.

Non quero vivir con medo, asustarme e notar as miñas pulsacións cando noto a alguén andar detrás de min ou a un coche pasando polo meu lado lentamente ou ter que chamar a unha amiga mentres volvo á casa.

Quero unha sociedade e unhas institucións que teñan claro que diante da violencia sexual hai dereitos: o dereito a acudir á policía e a ser informada e atendida sen prexuízos, o dereito a ir a calquera hospital e recibir a atención axeitada e o dereito a unha xustiza libre de estereotipos machistas e revitimizacións.

Escollo un home que me mire e non vexa un anaco de carne, que cante e baile as cancións de Rozalén ou Rosalía, que cambie de beirarrúa para facerme sentir máis segura, que elimine todo pensamento erróneo sobre as mulleres e que defenda un mundo no que o príncipe azul sexa substituído polo compañeiro que loite comigo.

138 Artigos |   | 1  |   | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  |   | 18  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.