Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios

Enlaces interesantes a medios de comunicación

Artigos nesta sección:

Saíu o número de maio e con el a opinión da CGENDL sobre a celebración das Letras galegas. Deixamos toda a revista para que a vexades, pero reproducimos o texto da contraportada a continuación:

The Walking Dead (versión enxebre)

Xa está ás portas a festividade do dezasete de maio, día de gloria para as letras galegas, ateigado de floridos discursos e sentidas homenaxes, de fondas declaracións de amor cara á nosa cultura e cara ao noso idioma, nun día en que o galeguismo semelle un virus que contaxia a autoridades políticas e académicas de todo signo e condición, mesmo a aqueles que o resto do ano non gastan un peso en promocionaren a nosa literatura.

Asistiremos nas próximas semanas a un espectáculo tan ben elaborado que pode chegar a confundirnos, facéndonos crer que a literatura galega é xusto iso que nos venden desde o poder: unha procesión de mortos viventes procedentes do alén, e que invaden museos e colexios cos seus rostros en branco e negro e a súa mitoloxía adaptada ás circunstancias, pois non convén desvelar as vergoñas dos defuntos.

Mais detrás desa fachada de cartón-pedra, desde a CGENDL preguntámonos se resulta útil para a sociedade do século XXI este modelo de celebración onde prima o culto á morte, en troques da promoción da industria cultural contemporánea de Galicia, tan variada e atractiva como calquera outra do mundo.

Porque a nosa cultura, a que está a facer xente viva, xa está farta de tanto zombi. Quere, en cambio, debate, público, mercado, diálogo, promoción, publicidade…. E, sobre todo, outra actitude menos litúrxica e máis activa, para que a creación artística non remate devorada por un andazo de necrofilia.

Ese que nos fai adorar só a aqueles que levan máis de dez anos debaixo dunha lápida.


A nova da detención do exvicepresidente do Goberno e o exdirector xerente do Fondo Monetario Internacional, Rodrigo Rato, é unha gran nova de actualidade. A fiscalía investiga a Rato por posible fraude, alzamento de bens  e branqueo de capitais. Como vedes, pouca cousa…

Carmela Castro e Sarela Betanzos (2º Bac. A)

alvaro2Álvaro Ordóñez é un rianxeiro de 22 anos, exalumno do IES Félix Muriel que logrou elaborar o primeiro teclado en galego para Android. Este traballo foi recoñecido pola Amtega ao galardoalo cun primeiro premio que Álvaro non esperaba.

Ola Álvaro! Agradecemos inmenso que nos poidas atender respondendo a esta entrevista. Gustaríanos saber unhas cantas cousas sobre as que temos curiosidade

  1. Ti estudaches informática, non si? Onde? Notaches moita diferenza do instituto á universidade?

Aínda estou estudando, estou xa no cuarto curso rematando o Grao en Enxeñaría Informática na Universidade de Santiago de Compostela. Digo xa, porque 4 anos pasan voando! Aínda parece onte que saímos do instituto e comezamos primeiro de carreira.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística presentou hai uns días un conxunto de propostas para reverter o proceso de substitución lingüística que esta a sufrir o galego. A Mesa propón medidas de actuación ao conxunto da sociedade galega e sobre todo ás organizacións socias, sindicais e políticas. Estas medidas tamén lle serán presentadas ao […]

O videoclip do éxito de Enrique Iglesias “Noche Y De Dia” creou gran polémica na sociedade galega, española, e incluso no panorama internacional, tras coñecerse a disparatada achega de 302.500 euros que a Xunta de Galicia fixo á produtora Universal Music Spain. O motivo deste investimento era que a gravación se realizase en Galicia, e “usar un vídeo dun artista internacional como vehículo de comunicación”, tal e como declarou o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez. O resultado foi bastante deprimente, xa que no famoso vídeo, a paisaxe galega ten presenza en tan só 45 segundos dos case 5 minutos totais.  

Por Carmela Castro (2º Bach. A)

ragA RAG vén de presentar un manifesto onte 30 de xaneiro. O seu título: “O galego dá vida, pola vida do galego” e con el a Real Academia Galega presenta aos medios unha declaración institucional na que fai pública a súa preocupación con respecto aos novos datos estatísticos que revelan un claro retroceso do uso do galego na sociedade e, especialmente, nas xeracións máis novas.

A Real Academia, anima ao goberno galego a por en práctica o previsto na Lei de Normalización Lingüística e no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004), aprobados por unanimidade do Parlamento galego- para reverter urxentemente a situación do galego na actualidade.

Xa temos aquí o  número 18 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado e, ademais de distribuíla en papel coa axuda do Concello de Rianxo, enviala por correo electrónico a todos os membros da comunidade escolar que o desexen, tamén a deixamos no Bico da ría,  unha das nosas  ventás ao mundo.

Logo_cabeceiraweb MAOS

Traemos unha páxina que  como di no seu encabezamento ofrece “unha lista de ligazóns a recursos lingüísticos que se poden encontrar na rede e que achamos poden resultar útiles á hora de traballar co galego na normativa oficial ou ILG-RAG . Tende en conta que aquí non están todos os recursos, nalgúns casos optamos por dar a ligazón de páxinas contendo máis glosarios e vocabularios“.

Engadídea a favoritos!

Aquí vos deixamos tamén os diferentes enlaces:

Dicionarios | Dicionarios bilingües | Vocabularios e glosarios | Aplicacións de corrección e tradución | Aplicacións para móbiles | Recursos didácticos e consultas | Normas e gramáticas | Fraseoloxía e refráns | Corpus | Toponimia | Nomes e apelidos | Linguaxe non sexista | Varios

132 Artigos |   | 1  |   | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.