Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

tita_observatorio_5

En Galiza temos a fortuna de contar con persoas extraordinarias, das que marcaron unha época e un territorio. Antía Cal é unha delas.

Naceu na Habana no seo dunha familia orixinaria de Muras, a onde regresou con 9 anos. Foi unha das primeiras mulleres galegas que estudou na universidade, fundadora dun colexio onde aplicou métodos pedagóxicos innovadores, unha mestra e pedagoga pioneira da educación en igualdade: para os nenos e as nenas, para @s galegofalantes e para aqueles alumn@s de distintas clases sociais mediante un sistema de bolsas de estudos.

Por Abel Troáns (2º Bac.) Veño de ler un artigo ben interesante sobre os distintos significados atribuídos á palabra que nos define. O termo “galego” é unha palabra tomada como nosa, xa que en principio refírese á lingua de Galiza e aos nados neste terreo. Nembargantes, que pasa se buscamos o significado desta nos distintos […]

A segunda proba da xincana ” O mar fala en Rianxo” foi relacionar uns textos co libro ao que pertencen, esta é a solución da proba:                                                           […]

Ámote Leo A. , Estación de Tránsito

 

Por Lela (2º Bac.)

A obra da que vou falar nesta reseña literaria trátase de  Ámote Leo A. , Estación de Tránsito da escritora Rosa Aneiros, que se corresponde coa segunda parte da triloxía de     Ámote Leo A.

Trátase dunha obra cun único narrador en primeira persoa, que como vimos na reseña sobre o primeiro libro ” Destino Xalundes” , é a viaxeira Leo a que nos conta esta historia. Esa primeira etapa da viaxe deixaranos con Leo en Turquía, na compaña de Iria, a cal non só lle servira de guía, senón que a puxera en contacto con Zerdali coa que agora vive. Porén, o máis importante do final, foi a súa intriga, xa que Leo se atopou con alguén que non nos desvelan ata chegar a este libro. Esa persoa é, como non podía ser doutra maneira, Andrés. Porén non todo é sinxelo coa súa chegada, Zerdali atópase nunha moi delicada situación debido á enfermidade da súa nai, e arrepentida pola súa inhospitalidade, Leo decide acompañala ao seu pobo, deixando a Andrés só. Cando volta da curta viaxe, esta descobre moi dececpcionada a ausencia do rapaz, e véndose s

AUTOMÓBILO xoves 14 de xaneiro, no SEGUNDO RECREO, proxectamos na biblioteca unha nova curta de cine galego. Automóbil de Andrés Victorero

 

 

 

 

Por Ricardo Losada

 

220px-Nietzsche1882

Nietzsche 1882

250px-Schopenhauer

Schopenhauer

 

           Entre os meus recordos máis prezados están os momentos nos que oín por primeira vez ideas que me romperon completamente os esquemas de adolescente ou de universitario. Adoito dividilas en dous tipos: aquelas coas que  estaba de acordo, e aquelas coas que non. O curioso é que sempre aprendín máis das últimas. É unha das razóns de que Nietzsche e Schopenhauer sexan dous dos meus filósofos de cabeceira. Coincido moi pouco coas súas propostas pero ensináronme moitísimas cousas sobre o ser humano. Schopenhauer, por exemplo, que o amor de nai é un amor egoísta ou que a natureza privilexia a especie sobre o individuo (eu impórtolle un carallo!);   Nietzsche, iso tan falso pero tan preciso de que cada instante da túa vida é decisivo porque concentra todo o pasado e proxecta todo o futuro, ou iso tan impreciso pero tanverdadeiro de que todo o que se fai por amor faise máis alá do ben e do mal.

786 Artigos |   | 1  |   | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.