Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Coñeces a Antía Cal?.

tita_observatorio_5

En Galiza temos a fortuna de contar con persoas extraordinarias, das que marcaron unha época e un territorio. Antía Cal é unha delas.

Naceu na Habana no seo dunha familia orixinaria de Muras, a onde regresou con 9 anos. Foi unha das primeiras mulleres galegas que estudou na universidade, fundadora dun colexio onde aplicou métodos pedagóxicos innovadores, unha mestra e pedagoga pioneira da educación en igualdade: para os nenos e as nenas, para @s galegofalantes e para aqueles alumn@s de distintas clases sociais mediante un sistema de bolsas de estudos.

antiaO 28 de novembro os seus veciños quixeron expresarlle o seu cariño, e o Concello  xunto co Observatorio da Mariña pola Igualdade organizaron unha emotiva e persoal homenaxe en Muras. Tivemos a oportunidade de escoitar esa voz profunda, que nace do corazón. Dicíalles aos cativos “Verdade que agora vos ides acordar de min?”

IMGP3429Estou segura de que si se lembrarán. Agora estudan no “Colexio Antía Cal”, pero hanse lembrar non só pola sinxela e simbólica placa de Sargadelos que dende ese día loce no colexio, senón porque a escoitaron e a sentiron no seu Muras natal.

Se queres saber máis sobre Antía, podes descargar aquí material para traballar en casa ou na escola.

Unidade Didáctica sobre Antía Cal.

Tamén podes ler o seu libro autobiográfico:

“Este camiño que fixemos xuntos”.

libro Antía




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.