Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

A-que-altura-esta-o-ceo-jorge-mira-alvarellos-editora-libro

En A qué altura está o ceo?, publicado no mes de marzo por Alvarellos Editora, o físico e comunicador científico Jorge Mira propón unha apaixonante viaxe  no tempo, que comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.

 

 

 

 

amote leoPor Lela (2º Bac.)

A obra da que vou falar nesta reseña literaria é “ Ámote Leo A.”, Terminal de…chegadas?” da escritora Rosa Aneiros, que se corresponde coa última parte da triloxía “ Ámote Leo A.”

Trátase dunha obra cun único narrador en primeira persoa, que non é nada máis e nada menos que a xa coñecida polas súas anteriores andainas, a aventureira Leo.  Nesta ocasión a moza atópase en París, a punto de

 

masterclass

O pasado 4 de marzo deste 2016 dúas estudantes de 2º de Bacharelto do IES Félix Muriel fixemos unha viaxe a Santiago de Compostela , onde tivemos o pracer de asistir a unha Masterclass relacionada coa Física de Partículas, denominada Física de Partícula coas mans, experiencia que compartimos con varios institutos de Galicia.

 

Por Aldara Tubío

foto artigo revistaA obra Non agardei por ninguén de Ramón de Valenzuela é unha novela de carácter autobiográfico na que o autor conta as súas fazañas nos primeiros tempos da guerra civil. Nesta obra o autor deixa totalmente clara a súa condición de republicano e galeguista e narra cales foron as circunstancias nas que se veu envolto mentres trataba de salvar a vida.

Tras andar fuxido no monte con outros compañeiros favorables á causa republicana, o

Por Vicente Cores,  Damián Castro e Manuel Conde  (2º ESO)          Deixámosvos este vídeo que acabamos de facer sobre as consolas, no que vos explicamos algunha que outra cousa do que sabemos sobre elas e sobre todo queremos denunciar que non hai xogos en galego. Unha consola é un aparello que serve […]

cartaz1

O noso mar é o  tema de traballo común neste curso. Nesta ocasión queremos render unha homenaxe á muller e o seu traballo no mar a través da pintura.

Preme na imaxe para ver a presentación.

 

 Por Juan Ordóñez (3º ESO)

juan 1A propósito do Día da muller traballadora, día no que se conmemora a loita das mulleres pola igualdade cos homes; celébrase o oito de marzo dende 1910, por decisión da II Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas, proposto por Clara Zetkin, unha política alemana feminista.
Rianxo é unha vila mariñeira, onde a muller ten unha importante labor no traballo do marisqueo a pé, xa que a gran maioría dos integrantes son mulleres. Un exemplo diso son as miñas tías Mari e Belén, que dende hai moitos anos traballan nese sector.

786 Artigos |   | 1  |   | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.