Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

revista06reduFoi este pasado mércores, 17 de xuño, cando nos botamos á rúa cos cartaces na man para ir explicar pola vila o noso proxecto. Había mercado e Rianxo estaba cheo de xente. En Farmacias, herboristerías, salóns de peiteado, bares, bancos… entramos e contámoslles que no IES estiveramos desenvolvendo un proxecto chamado RianxoFAla. Contámoslles de que ía e falabamos máis en concreto dunha das actividades: a de toponimia.

(Máis fotos)

Por Arantxa Rodríguez Fernández            Os pasados 9 e 10 de maio disputouse a Copa de España cadete 1000 m. no lugar de Asturias-Trasona, igual que o Control Infantil de 3600 m. O náutico de Boiro-Piragüismo Rías Baixas asistiu con 18 membros da entidade, 7 infantís e 12 palistas cadetes.             O día 8 de […]

No blog Trafengando Ronseis acaban de publicar unha entrada titulada “No verán, lemos en galego”  na que presentan as recomendacións de lectura para o verán

Facemos nosas as súas palabras:

“A boa Literatura galega e as boas traducións permítennos asegurarvos un verán cheo de soños, poesía e ilustración. Para todas as idades e para todos os gustos. Porque a poesía non se le só unha vez ao ano celebrando o Día da poesía, porque a fantasía non ten estacións, nin a banda deseñada ten un tempo determinado: o verán permítenos ollar o mar, o horizonte, e os soños… cun libro na man. En galego.

Imos a deixarvos a ficha do grupo do que forma parte o noso compañeiro de 2º de Bacharelato Martín Castro (2º pola dereita)

biribirloke

Cando naceu o grupo?

2010, aínda que comeza a súa andaxe e a moverse seriamente en 2012-2013.

 De onde son?

O pasado 5 de xuño celebrouse en Compostela a VIII Xornada dos Clubs de Lectura, por ser o autor máis lido nos clubs de lectura de ámbito educativo no presente curso, Agustín F. Paz recibiu o Premio dos Clubs de Lectura, o autor non poido asistir ás xornadas para recibir o galardón, pero desixounos un […]

piruletas14Se botades un ollo a esta revista veredes moitos artigos asinados por Sarela Betanzos, tanto deste curso coma dos anteriores, é que Sarela foi unha das nosas máis activas colaboradoras no ENDL durante a súa estancia no IES, cun pequeno lapsus durante o curso pasado cando cursou 1º de BAC  nos EEUU.

Sarela tirou matrícula de honra este curso, pero non é esa exactamente a noticia que queremos resaltar aquí, senón a pegada normalizadora que transmite e da que nos sentimos moi orgullosos e orgullosas.

A pasada fin de semana La Voz, na edición do Barbanza, fixo unha reportaxe sobre as matrículas de honra da comarca. Entrevistaron a Sarela xunto a outros tres adolescentes e, ademais de mostraren a súa intelixencia nas respostas e a súa ética no compromiso co ensino público,  Sarela deixou claro o seu compromiso coa nosa lingua. O xornalista escribiu ao presentala:

Por Natalia Martínez

As voces baixas de Manuel Rivas é un libro autobiográfico no que o narrador relata acontecementos da súa vida dende que tiña pouco máis dun ano ata a morde da súa irmán maior María e os seus pais. A obra está estruturada por capítulos curtos e en cada un relata unha historia que lle aconteceu.
Comeza falando do primeiro medo que lle produciron dous cabezóns que resultaron ser os Reis Católicos (Isabel e Fernando) e que perde ao rematar a obra.

Por X. Ricardo Losada (titor de 2º Bacharelato B)

 Discurso do acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do curso 14-15

Para Ana Rivas

11109440_959266824104049_2699960706673770423_nCando o equipo directivo me pediu que dixese unhas palabras neste acto de entrega de orlas de 2º de Bacharelato, recordei o personaxe dunha novela que, con 60 e poucos anos, di: Estoy en la juventud de la vejez. Como eu tamén estou na xuventude da vellez, pensei que era unha boa oportunidade para comparar eses dous tipos de xuventude, a que vivira á vosa idade e a que comezo agora. Contareivos simplemente qué aprendín ao longo dos anos sobre a utilidade das materias que máis tiven que estudar no instituto, para que saibades que nada do que dicimos os profesores sobre a importancia das nosas materias é verdade. Mentimos como rufiáns. Pero como o equipo directivo me dixo que dispuña, como máximo, de 5 minutos, cinguireime só a dúas.

10996347_959266757437389_3721722152529173695_nComezarei pola que case todo o mundo considera a materia máis importante, Matemáticas. A razón de que non as estudase sendo a materia que máis me gustaba no instituto, foi descubrir que aquilo que me dicían os profesores de Matemáticas era falso. Nin eran exactas nin resolvían ningún problema importante. Decateime ao namorarme. Cando a miña primeira moza me dixo que aceptaba saír comigo, sentinme o tipo máis guapo e atractivo do mundo. Un, eu, era igual a 10. Cando faciamos o amor, sentíame

786 Artigos |   | 1  |   | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.