Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

por Sara Tubío Rial (3º ESO A)

 

memorias2Hai unhas semanas, escoitei na radio a noticia da morte de Xosé Neira Vilas, autor da tan famosa obra: “Memorias dun neno labrego”, a cal lin este trimestre. Sorprendeume porque pensei que xa levaría décadas morto, igual ca a historia dun Balbino que eu pensei que era dun pasado moi lonxano. A sorpresa foi cando -falando con meu pai do tema- descubrín que el tivera unha infancia parecida á de Balbino!

DSC_0124

Temos a honra de poder publicar un poema do ex-profesor deste centro Xesús Costa Rodil. E non vai ser o único… estade atentos e atentas!

Grazas Donxe!

Non é o meu cumpreanos nin ningún outro día especial ;  tivemos o noso primeiro disgusto onte á noite e el dixo cusas crueis que en verdade me ofenderon .

Pero sei que está arrepentido e non as dixo en serio, porque el mandoume flores hoxe .

Non é noso aniversario nin ningún outro día especial ; onte á noite lanzoume contra a parede e comenzou a aforcarme . Semellaba un pesadelo,  pero dos pesadelos espertas e sabes que non é real ; levanteime esta mañá dolorida e con golpes en  todos os lados .

Pero eu sei que está arrepentido,  porque el mandoume flores hoxe .

Hoxe é un día moi  especial: É o día do meu funeral.  Onte á noite por fin consigiu matarme. Golpeoume ata morrer.

Se polo menos tivera o valor e a fortaleza de deixalo!….Se aceptase a axuda  profesional…!

Hoxe non recibiría flores!

http://culturagalega.gal/imaxes/soportais/libros_2489.jpg Por Paula Rodríguez Gago (2º Bac. B)

Ó longo do libro vanse intercalando distintas historias.

Por unha banda relátanse os informes médicos psiquiátricos dun home que apareceu ferido no acantilado sen saber quen é, así como a súa evolución. E por outra banda aparecen as cartas de Ana dirixidas a Fran nas cales Ana conta como despois da morte do enfermo ela vai descubrindo quen é, como morreu e se en realidade estaba tolo ou non. Ana cóntalle esto a Fran porque el foi o médico que o antendeu moitos anos atrás. Nesas cartas Ana manda os poemas ou documentos que atopa pertencentes ao interno. Ana non entende o que le, pois aparecen poemas sen sentido, capítulos como se foran dun libro chamado Hora Zulú e pouco a pouco vai descubrindo o que en realidade aconteceu. O descubre a través das entrevistas con os distintos internos que coñecían ao morto e nas avaliacións psiquiátricas que se recollen no informe psiquiátrico.

786 Artigos |   | 1  |   | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.