Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Rianxo Fala  é o título do primeiro programa de Radio do ENDL do noso IES. Vimos de crear Radio Rianxo Félix Muriel, ou o que é o mesmo: Radio Rianxo FM. E xa estamos nas ondas!

Neste primeiro enlace tendes desde unha reportaxe sobre a LOMCE (con opinións da orientadora, director e alumnado do centro) ata unha entrevista ao poeta rianxeiro, gañador do Premio nacional de poesía, Gonzalo Hermo. Sen esquecer un concurso musical…Escoitádenos e non esquezades a continuación votar a vosa canción preferida.

Neste segundo enlace, información e… a RadioFicción… Cos mellores actores e actrices. Non o perdades!

Por Abel Troáns Tubío Nos últimos meses os distintos concellos estanse replanteando quitar os nomes das distintas rúas que fagan referencia á ditadura franquista e cambialas por outros nomes que resulten menos ofensivos para a xente que vive nas devanditas rúas. Na época franquista, déronse nomes a distintas rúas de España de xente que destacaba […]

Está en marcha unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o seu obxectivo éanimar ao uso da […]

Por X. Ricardo Losada

IMG_20160121_123556Este ano celebramos o centenario das Irmandades da Fala e o 130 aniversario do nacemento de Castelao. O Equipo de Normalización Lingüística do meu instituto de Rianxo comezou a realizar actividades desde o primeiro día, e unha delas trastocoume a miña rutina emocional. Nas escaleiras que soben ao primeiro andar, algúns alumnos pintaron debuxos de Castelao nos azulexos da parede. Como teño tendencia ás asociacións retorcidas e distantes, non me estrañou que a primeira vez que os vin asociase aquela actividade co pintor neerlandés M.C. Escher. Unha pedantería máis da miña mente, pensei, un pouco farto de min mesmo.

IMG-20160125-WA0013Tal e como comentamos no artigo anterior,

IMG-20160129-WA0006

cos ”pensamentos” ou frases xa míticas de Castelao, deseñamos dúas figura de 1,50 de alto e 70 de largo que expuxemos na entrada do edificio para que  dean a benvida ao noso centro.

O alumnado de segundo de Bacharelato tamén estivo varias semanas, durante os recreos, preparando dous cadros coa simboloxía máis característica do autor rianxeiro. O pasado xoves pasaron a ocupar a parede da entrada do edificio principal.

IMG-20160125-WA0001Onte, venres 29 de xaneiro,  tivemos unha xornada moi especial no IES para rematar a Semana de homenaxe a  Castelao coincidindo co aniversario polo seu nacemento. Durante o mes de xaneiro, no que lle dedicamos moito tempo no ENDL a traballar co Castelao artista, seleccionamos ata vinte e tres frases que recollen o pensamento do ilustre rianxeiro. Imprimimos a selección en pequenas cartolinas e espetámolas nas macetas destas plantas chamadas pensamentos.

cast. pensamen 2

Esta actividade pechaba as actividades de exposición da obra plástica de Castelao, así como o traballo de deseño nos azulexos dos que falamos no artigo anterior.

Cast. pintando azulexos

Por Isaac Iglesias (1º Bac.)

O alumnado do IES decora o centro con diversas e orixinais iniciativas como homenaxe ao ilustre rianxeiro no aniversario do seu nacemento.

O presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, e mais o académico Miguel Fernández-Cid van visitar o centro o próximo luns 1 de febreiro para ver a exposición.

786 Artigos |   | 1  |   | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.