Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Significado de “galego” segundo o país

Por Abel Troáns (2º Bac.)

Veño de ler un artigo ben interesante sobre os distintos significados atribuídos á palabra que nos define.

O termo “galego” é unha palabra tomada como nosa, xa que en principio refírese á lingua de Galiza e aos nados neste terreo. Nembargantes, que pasa se buscamos o significado desta nos distintos dicionarios dos diferentes países? Que quere dicir ser “galego” polo mundo adiante? Sen lugar a dúbida seremos sorprendidos e incluso nalgúns territorios, ofendidos polo despectivos que poden chegar a ser.

En dicionarios como os de Francia e Inglaterra, este termo é non presenta complicación xa que o tratan como a lingua propia de Galiza, territorio preto de Portugal. Choca que sexa o noso país curmán o que teña unha acepción onde nos toma como brutos, ignorantes e groseiros. É paradóxico que un país co que compartiamos lingua ate uns séculos traten ó galego desta forma, polo que podemos deducir, sen chegar a erro, que indirectamente se están a insultar a eles mesmos. Seguindo o mapa lingüístico chegamos a Brasil, onde vai máis alá e nos toma como unha lingua portuguesa mal falada. Este prexuízo expándese por toda Sudamérica. É obvio que falan desde a ignorancia xa que o galego é a lingua propia de Galicia, a cal ten unha cultura da que podemos sentirnos orgullosos debido ós autores que loitaron durante séculos para dignificar esta lingua como os autores do Rexurdimento, as Irmandades da Fala e o grupo Nós. Pero como esperar respecto doutros paises se nin en en España respectan a Galiza, onde nos tachan de incultos? Pero se tan incultos somos os galegos como hai autores da nosa terra que conseguiron chegar tan alto nos seus respectivos campos a nivel nacional con Rosalía que escribiu En Las Orillas Del Sar a parte de ser unha peza fundamental do Rexurdimento, ou Castelao que chegou a ser deputado en Madrid?

Dependendo do país, o galego ten un ou outro significado e nalgúns sitios trátannos de tontos. Obviamente falan dende a ignorancia xa que dende sempre Galiza tivo persoas moi destacadas tanto na literatura, como en política ou incluso no deporte.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.