Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Por Lela (2º Bac.) A obra da que vou falar nesta reseña literaria é “ Ámote Leo A. , Destino Xalundes ” da escritora Rosa Aneiros, que se corresponde coa primeira parte da triloxía de “ Ámote Leo A.” Trátase dunha obra cun único narrador en primeira persoa. Quen nos conta a historia é a […]

Por Aldara Tubío Pereira (2º BAC B)

 IMG_0216Lendo Sempre en Galiza, a magnífica obra ensaística de Castelao, teño a sensación de estar lendo un libro que acabase de saír do prelo. Esta obra abarca maiormente o problema que sofre Galiza de atoparse sempre relegada a un segundo plano dentro do que é a actual España, gobernada polas xestións das políticas centralistas que esquecen a gran pluralidade existente dentro do que se coñece como Estado español. Debemos lembrar que dentro da unidade política española atopamos diversos pobos que contan cunha idiosincrasia que lles é propia a cada un deles, como é o caso de Cataluña, o País Vasco ou Galiza. O caso de maior actualidade sería o problema catalán, pobo que busca alzarse como Estado independente. Xa Castelao nesta obra publicada no ano 1944 propuña unha solución a este problema que agora volve a soar con forza en certos sectores políticos. Cal era pois esta solución? Constituír unha

IMG_20151204_121704Paula Tubío (1º ESO A) foi a gañadora do  premio Arriba Áncoras, dentro da xincana O mar fala en Rianxo. Nesta foto vese o momento no que recibiu o agasallo (vale para a cafetería). Queda abaixo o relato gañador: Capitá con estrela    

CAPITÁ CON ESTRELA

Marta  era unha nena de sete anos, a punto de cumprir os oito, que vivía preto da praia, tiña moitas amizades, pero, a que non sabedes quen eran as súas mellores amigas?: ……as estrelas!

 Hai un dito moi antigo que di, que hai quen “ nace con estrelas” e que hai quen “nace estrelado. Marta nacera con estrelas.

Andarás comprando agasallos e se cadra non atopaches aínda o que buscabas…. Mira na páxina de agasallo.eu Nesta web recóllense un lote de ideas para regalar en galego: un galegoke, uns calcetíns, un lapis de memoria, libros, discos e ata xenebra!

E a calquera aautocolante agasallo-9gasallo lembra poñerlle un dos adhesivos que recolliches na mesa que puxemos no ENDL cos diferentes modelos

 

 

autocolante agasallo-4

autocolante agasallo-6

 

santa verdeSABÍAS QUE…

1º- A figura do Papá Noel que coñecemos deriva dun San Nicolás que naceu no século IV, en Turquía.

2º- San Nicolás foi un santo moi popular, moi xeneroso cos probes, que faleceu o 6 de decembro . Como a data do santo se achegaba á do Nadal, decidiuse que San Nicolás sería unha figura excelente para repartir agasallos e lambetadas aos nenos o día de Nadal.

3º- Aínda que a lenda de Papá Noel sexa antiga e complexa, e proceda en gran parte de San Nicolás, a imaxe familiar de Santa Claus, co trineo, os renos, e as bolsas con agasallos é unha

Deséxavos Boas festas!

 

Dentro da campaña que desenvolvemos arredor do Nadal galego, quixemos dar a coñecer os personaxes tradicionais que existen en diferentes rexións do norte da península.Le abiaxo e encontra semellanzas e diferenzas:

MAPA PERSONAXES NADAL 2015-50_

O Apalpador é unha figura lendaria galega que vive nas altas montañas onde fai carbón todo o ano. No tempo libre elabora xoguetes artesanais, con produtos ecolóxicos.
Amósase coma un vello moi grande, de barba rubia, viste un traxe vello e cheo de remendos. Usa boina e fuma en pipa.

Segundo poema que publicamos do investigador e poeta, Xesús Costa Rodil, profesor deste centro ata a súa merecida xubilación Romance de ébano Nas noites claras de lúa , nos días de sol  e sol, nas chouzas secas, de barro, nas sabanas do león soñan roteiros os negros aos confíns do setentrión. Saheliano, burquinés , angonalo ou […]

786 Artigos |   | 1  |   | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.