Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

artigo ricardo losada

Por X. Ricardo Losada

Para Xerardo Agra Foxo

  Encántame esta frase de Nadal: “A repetición dáche automatismos e os automatismos danche o éxito”. Resume perfectamente o concepto de hábito de Aristóteles. O filósofo grego dicía que as virtudes morais non se acadan por natureza, senón por aprendizaxe, é dicir, con práctica e repetición. Só así xeran en nós unha disposición permanente, un hábito bo, que permite realizar con pericia, e de forma case natural (unha segunda natureza, chámalle), calquera  tarefa. Pero o máis fermoso da teoría é que esa virtude ética, por non ser innata, é un exercicio de liberdade. Contra o que pensa moito incauto, esa virtude automatizada, lonxe de converternos en máquinas, é a proba máis evidente de que somos libres, pois busca o que a razón ensina que é bo sabendo que a razón non é suficiente para unha vida virtuosa. Se a vontade dunha persoa non é adestrada con disciplina para realizar o correcto, é improbable que o faga, por moito que a razón llo mostre.

VI DCG

 

A pasada semana celebramos, un ano máis, no Félix Muriel o día da Ciencia en Galego. Houbo distintas actividades:

 

 

mardelibros (3)Esta semana comezou a xincana: “O Mar Fala en Rianxo” coa primeira proba: “Mergúllate no mar dos libros”:  Adiviña a que obra pertencen nove textos que podes ler no recuncho de lectura, no edificio central do instituto ou podes lelos aquí, PARTICIPA,   PODES CONSEGUIR PREMIOS!!!!!.

Por Lela (2º Bac.)

NOITE LONGAA obra da que vou falar nesta reseña literaria é “ Non hai noite tan longa” do escritor Agustín Fernández Paz.

Trátase dunha obra cun único narrador en primeira persoa. Quen nos conta a historia é Gabriel, un home que nos seus anos de mozo xurara non voltar á súa vila natal, Monteverde, promesa que mantivera incluso cando morreu seu pai, pero que por mor de non poder vivir co remordemento, decidiu incumprir pola morte de súa nai. Porén, una vez alí, visitando a que fora a súa antiga casa máis a de seus pais, aparéceselle a pantasma de seu pai, que lle di “ Moito tardaches! Levo máis de trinta anos agardándote!” A partir deste momento, Gabriel decide quedar en Monteverde para tratar de resolver a inxustiza que o fixo fuxir da súa vila natal con tan só 17 anos, a que lle acabou arrebatando a vida ao seu pai, para dunha vez por todas recuperar a dignidade dos Mourelo ( alcume da familia considerado negativo nun primeiro momento, por ser roxos, e logo pola acusación ao pai de Gabriel de tentar agredir a una rapaza) e que seu pai poida descansar para sempre en paz.

Mañá comeza o prazo para anotarse. A xincana comeza o vindeiro día 3! Anímate que hai premios moi interesantes. Le o cartaz:

Aida Saco foi membro do ENDL deste centro mentres estivo no IES. Agora está cursando estudos fóra pero segue sendo colaboradora desta revista, como veredes no artigo que vén de publicar onde nos explica o seu marabilloso proxecto chamado METAMORFOSE. Parabéns Aida!

Continuamos neste curso coas curtas de cine galego na biblioteca, este xoves 15 de outubro, no segundo recreo, podemos ver a curta de Adrián González, Quen es?

786 Artigos |   | 1  |   | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.