Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Por David Galbán (1º Bac.) Unha das máis coñecidas historias do Antigo Testamento é, sen dúbida, a da Torre de Babel. Raro é, de feito, unha persoa da nosa cultura que non oíse falar dela. Este mito di que fai miles de anos, todos os habitantes do planeta falaban unha mesma lingua, e isto uníaos […]

IMG_20160523_171143O mes de maio está tendo unha actividade extraordinaria no IES Félix Muriel de Rianxo. Este centro, que non se ocupa só do homenaxeado o Día, nin sequera a Semana, das Letras, senón todo o 2º e 3º trimestre do curso, organiza o Maio das Letras que trascende a homenaxe a Manuel María e que quere destacar a defensa xeral da nosa Lingua. Asentar a radio escolar, realizar unha videoconferencia con alumnado que estuda galego en Londres, mostrar as potencialidades do galego a través da lusofonía ou organizar unha exposición sobre Isaac Díaz Pardo ocuparon boa parte deste Mes das Letras.

Por Marta Figueira (2º Bac.)

As rulas de Bakunin- máquina de coserAs Rulas de Bakunin é un libro do escritor Antón Riveiro Coello, co que conseguiu gañar o Premio García Barros de novela no ano 2000.

 Conta a vida de Camilo Sabio Doldán, un home que pola influencia  do seu avó, foi criado dende o berce nunha ideoloxía liberal e anarquista, que defenderá durante toda a súa vida, aínda que iso implique arriscar a súa propia ou renunciar a estar coa familia. Desta maneira, nun espazo de tempo  que abrangue dende uns anos antes da Guerra Civil Española ata o Franquismo, e a través de Camilo e das personaxes que habitan neste libro, adentrarémonos nos problemas da sociedade daquela época: a guerra, a pobreza, a persecución por defender uns ideais, o cárcere, a emigración, o exilio, a morte, a traizón …

O pasado sábado 7 de maio Alba Vicente recibiu o cuarto premio do concurso “Ciencia que Conta”, recolleu o seu premio  na sede da Fundación Barrié  en Vigo. Como todos os anos publicarase un libro con todos os relatos finalistas.                     FOTOS DA ENTREGA DE PREMIOS […]

Todo o alumnado de 1º ESO puido disfrutar do espectáculo do polifacético noiés, Serafín Marcos. Quédavos aquí un vídeo coa actuación:

Por Nerea Grela

Sinto que non podo mais,
o único que quero é chorar.
Estou farta de me esforzar
para logo ter que ver, oír e calar.
 

Por Marta Figueira

Hora zulúHora zulú é un libro do escritor vigués Santiago Lopo co que conseguiu gañar o Premio García Barros de novela na edición do ano 2012.

A novela está escrita de forma fragmentada, de xeito que se compaxinan diferentes estilos narrativos: poemas, correos electrónicos, informes hospitalarios que adxuntan anexos  e cinco textos titulados Hora zulú.

786 Artigos |   | 1  |   | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.