Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

(Por Pilar Pérez)

  bandeira Canadá   En xeral promóvese o crecemento intelectual, persoal e emocional e estimúlanse o pensamento crítico e o debate. Abundan as presentacións orais, traballos en grupos, e tempo para as discusións entre o alumnado. Con esta variedade de enfoques é máis doado acadar que todos os estudantes atopen a súa maneira de aprender.

     Todo o profesorado, independentemente da materia da que sexa especialista, se considera profesor de lingua

  A loita contra o cambio climático foi polo que o pasado venres 27 de setembro, millóns de persoas se concentraron nas prazas de todo o planeta. O cambio climático é xa un vello coñecido pese ás moitas voces que o negan e a súa existencia produce innumerables catástrofes como é o desxeo dos polos.

Iniciado por Greta Thunberg no seu país, Suecia, é agora un movemento mundial, como se puido ver o mes pasado. Nesta folga reclamábaselles aos gobernos de todo o mundo que tomaran medidas ante a crise climática e aos cidadáns resistencia masiva.

Foi a comezos de século que se empezou a tomar conciencia dos problemas relacionados co planeta e as actuacións levadas a cabo ata o momento foron totalmente insuficientes. O apoio multitudinario recibido pola convocatoria é mostra inequívoca da implicación das xeracións máis novas, a miúdo tan criticadas pola súa indiferenza. Por outra banda, nas redes sociais tamén se deixou ver o interese polo tema con numerosos “hashtags” chegando a ser “trending topic”. Esta non foi a primeira folga convocada para esixir medidas eficaces para os males do noso planeta, xa que houbera outra en marzo, mais nesta ocasión alcanzáronse cifras de seguimento maiores. Xa só en España houbo máis de 120 manifestacións e estímase que en todo o mundo máis de 4.000.000 persoas pararon para esixir medidas aos gobernos.

Se ben coas folgas e manifestacións non se vai conseguir todo o necesario, a implicación social non fai máis ca medrar e é máis necesaria ca nunca. A experiencia dinos que sen ser presionados, os gobernos limítanse a acordos baleiros que non supoñen cambios.

A privacidade é considerada como un dereito fundamental nunha sociedade democrática. Pero, pode existir a privacidade nun mundo dixital no que cada acción deixa rastro? Cando Mark Zuckerberg, fundador de Facebook, advertiu nun entrevista en 2010 de que a privacidade morrera, acusárono de esaxerado. Hoxe, nove anos despois, podemos asegurar que esa afirmación é máis […]

Nos anos 80, unha das maiores preocupacións dos españois eran as drogas, as cales acabaron con toda unha xeración deixando cifras altísimas de mortalidade, co paso do tempo toda a sociedade deu un paso adiante para superar este gran problema quedando como un dos episodios máis negros da historia de España. Hoxe podemos afirmar que o xogo e as casas de apostas son a cocaína da xeración Z.

Aínda que esta afirmación soe moi forte nun primeiro momento, os datos xa están alarmando do gran problema ao que a nosa sociedade vai ter que enfrontarse nos próximos anos pois o 36 % dos ludópatas empezan a xogar sendo menores. A día de hoxe, as casas de apostas están cheas de xoves que buscan gañar cartos facilmente.

Dende fai un tempo, ninguén na industria do cine pasa desapercibido. En outubro de 2017 comezou a polémica arredor de Harvey Weinstein, un dos máis aclamados produtores de Hollywood, logo de ser denunciado por máis de cen casos de acoso sexual, dezaoito dos cales tratábanse de violación. As consecuencias foron instantáneas: Harvey perdeu o seu lugar en Hollywood e foi desprezado por toda a opinión pública.

Pendente dunha sentenza, o caso Weinstein non quedou aí. No mesmo momento no que as denuncias saíron á luz, as redes sociais xa estaban dando de si. Non tardou en facerse tendencia mundial o hashtag #MeToo, difundido por numerosas celebridades para animar ás vítimas de abusos sexuais a contar as súas experiencias para concienciar de que non é ouro todo o que reluce na industria nin fóra de esta. O uso do hashtag foi inmenso, miles de mulleres contaron a súa experiencia, moitas delas vítimas de abusos no pasado, e outras moitas, mostraron o seu apoio á causa.

A pesar das boas intencións, apareceron persoas que non entendían o porqué deste movemento. Moita xente comezou a dicir que se estaban confundindo os delitos maiores cos menores, e que a través deste movemento as mulleres mostraban as súas debilidades e o seu mal manexo das situacións, pero acaso non é de valentes falar dos abusos silenciados polo medo? Algunha das persoas contrarias a este movemento é a actriz Catherine Deneuve que, acompañada por cen actrices francesas, asinou unha carta advertindo dos perigos deste movemento. Nela denunciaba que a partir do caso Weinstein houbo numerosos casos de despedimento por actitudes por parte de homes a mulleres que ían máis alá do cordial, pero sen chegar nin de lonxe ao abuso. A carta remataba dicindo  que o movemento Me Too infundía odio aos homes e á sexualidade.

Fai 45 anos, nun 25 de abril de 1974 un grupo de militares comezou unha revolución que marcaría a historia e se convertería nunha das rebelións máis importantes: a revolución dos caraveis.

Portugal levaba dende 1926 sumido nunha ditadura que se denominou “Estado Novo” ou “Salazarismo” debido ao nome do seu gobernante Oliveira Salazar. Unha ditadura que como todas, exerceu represión sobre aqueles que non pensaban como eles e que privou todo tipo de liberdades encarcerando a aqueles que loitaban e se negaban a vivir nesa situación , tal e como se fixera durante a ditadura nazi en Alemaña, a fascista en Italia e a franquista que aínda continuaba vixente en España.

Neste país sumido nunha depresión política, cultural e económica as esperanzas nun futuro diminuían así como aumentaba o descontento do pobo. En 1968 e tras a morte ditador Salazar, chegou ao poder Marcelo Caetano que fixo promesas sobre un goberno democrático que nunca chegou. O malestar xeneralizado fíxose evidente e uns militares decidiron o 25 de abril, ao son da canción “Grandôla, vila morena” de José Afonso, iniciar un golpe de estado. A pesar de que estes indicaron aos cidadáns que non saíran ás rúas, o pobo decidiu apoiar a rebelión, entre eles atopábase unha muller que decidiu repartir caraveis entre a xente. Dende este momento pasarían a ser o símbolo desta revolución. Deste xeito, fronte a esta situación o gobernador cedeu. Así converteuse na revolución que conseguiría acabar cun réxime ditatorial sen ter que disparar unha soa bala.

Os gamers, son un fenómeno que foi gañando cada vez máis importancia ao longo destes últimos anos, sendo as principais plataformas utilizadas para retransmitir en directo streamings YouTube e Twitch.

Dentro destas dúas plataformas, os gamers adoitan optar por Twitch, pois esta está máis enfocada cara o ámbito gaming e nela as ganancias proveñen dos propios subscritores en vez de empresas publicitarias como en Youtube, o cal pode ocasionar problemas coa monetización de ditos streamings. Ademais Twitch, propiedade de Amazon, é a máis popular e conta con máis de 100 millóns de usuarios que ven contido cada mes. Nela os usuarios poden seguir a outros e emitir os seus propios directos, ademais de ver retransmisións de competicións e Sports. Todos os vídeos quedan almacenados na plataforma, así os usuarios poden repasar as mellores xogadas ou rememorar os mellores momentos dos directos no apartado de Clips.

Segundo os datos compilados por TEO Analytics e publicados no portal E-sports Observer, os novos streamers máis seguidos acumularon ata 730,82 millóns de horas visualizadas. Esta lista de streamers máis seguidos está encabezada por Ninja, quen conta con 232.002.134 millóns de horas visualizadas; seguido por Shroud, cuxos directos dende 2018 sumaron 101.278.823 horas e Sodapoppin, con 54.951.301 horas vistas en 2018.

285 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.