Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Os gamers (por Zoran Conde)

Os gamers, son un fenómeno que foi gañando cada vez máis importancia ao longo destes últimos anos, sendo as principais plataformas utilizadas para retransmitir en directo streamings YouTube e Twitch.

Dentro destas dúas plataformas, os gamers adoitan optar por Twitch, pois esta está máis enfocada cara o ámbito gaming e nela as ganancias proveñen dos propios subscritores en vez de empresas publicitarias como en Youtube, o cal pode ocasionar problemas coa monetización de ditos streamings. Ademais Twitch, propiedade de Amazon, é a máis popular e conta con máis de 100 millóns de usuarios que ven contido cada mes. Nela os usuarios poden seguir a outros e emitir os seus propios directos, ademais de ver retransmisións de competicións e Sports. Todos os vídeos quedan almacenados na plataforma, así os usuarios poden repasar as mellores xogadas ou rememorar os mellores momentos dos directos no apartado de Clips.

Segundo os datos compilados por TEO Analytics e publicados no portal E-sports Observer, os novos streamers máis seguidos acumularon ata 730,82 millóns de horas visualizadas. Esta lista de streamers máis seguidos está encabezada por Ninja, quen conta con 232.002.134 millóns de horas visualizadas; seguido por Shroud, cuxos directos dende 2018 sumaron 101.278.823 horas e Sodapoppin, con 54.951.301 horas vistas en 2018.

Como xa dixen, en Twitch os subscritores poden facer doazóns mediante os “Twitch Bitsou moeda directa, que son esencialmente unha forma de moeda dixital que se compra directamente en Twitch, estes bits poden ser usados dentro do chat para activar unha alerta especial de audio ou visual na pantalla. Como recompensa por usar os bits, os usuarios gañan insignias especiais que se mostran xunto aos seus nomes no chat do stream, o streamer gaña 1 dolar por cada 100 bits utilizados durante o seu streaming. A parte negativa destas doazóns son as doazóns falsas, algunhas persoas doan varios miles de euros a streamers para despois cancelar a transacción bancaria ca escusa de que un familiar máis ben menor o fixo sen querer. Con iso esta xente pretende principalmente xogar cas emocións do produtor de contido, xa que unha vez feita a doazón esta xente aprovéitase dos streamers, e abusan da súa confianza pedíndolle que fagan cousas para quedar en ridículo ante a súa audiencia. Un exemplo disto é o recente caso de NexusNinja, un mozo de 18 anos que tivo a idea de repartir deste xeito 50000$ para rirse de diferentes streamers, pero a xogada saiulle mal, pois PayPaul negouse a reembolsarlle os 50000$ e perdeu todo o que tiña.

A día de hoxe ese sistema de doazóns pode ser unha arma de dobre fío, pois a maioría dos consumidores destas plataformas son rapaces pequenos que queren que os seus streamers favoritos os saúden e lles digan calquera tontería diante de miles de persoas. Avistáronse xa moitos casos onde os pequenos roubaban a tarxeta de crédito dos pais para facer ditas doazóns pero a maioría dos cartos co consentimento da plataforma foron devoltos, pero noutros moitos casos non.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.