Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

Un grupo de alumnas de 2º de bacharelato elaboraron un vídeo para ensinar a facer filloas. Foi alá no entroido, pero como o curso se lles veu enriba, non deron rematado a edición ata hai pouco, cando lle axudaron dous compañeiros. O caso é que as filloas están boas en calquera época do ano, así que non deixedes de velo.

Por Iria Vidal F.

             As lendas e os mitos sempre son uns temas dignos de investigar. Se falamos das lendas de terror, un dos  personaxes que nos vén á cabeza é a típica muller de nariz enorme adornado cunha gran verruga: a bruxa, unha persoa capaz de facer todo tipo de feitizos malignos.  Pero, non oímos tamén falar da “feiticeira”? Polo xeral, esta palabra é utilizada coma sinónimo de bruxa.  Isto, realmente, non é correcto! Se investigamos un pouco, darémonos conta das moitas diferenzas entre  ambas figuras mitolóxicas. Agora, cales son estas diferenzas?

Hai un tempo, o auditorio rianxeiro tivo a sorte de ser o lugar de representación da última obra de Quico Cadaval, “A cabeza do dragón”.  Ademais da fantástica posta en escena á que puidemos asistir, Bernal Muíños e mais eu, Aida Barros, decidimos realizarlle unha entrevista a este gran dramaturgo. Aquí vola deixamos:

- Coma sempre. Temos curiosidade de coñecer como iniciou todo. Gustaríanos saber que foi o que fixo que xurdira o teu interese no teatro. Como ocorreu?

 Pois, desde que era pequeno xa me interesaba pero, máis adiante tiven a sorte de atoparme con diversos clásicos, concretamente clásicos rianxeiros. Aos trece anos pareceume boa idea levalos a escea, sendo unha iniciativa só de alumnos. Daquela non había xeito de ir ao teatro e como moito representábase algún diálogo cómico nos festivais de fin de curso. A xente lembrábase do teatro popular, mais foi cando se tivo conciencia do teatro nacional cando se lle comezou a dar realmente importancia. Durante a miña época universitaria, a pesar de que non había onde estudar teatro, tiven a sorte de xuntarme con xente dese mundo e foi desde ese momento cando comezou todo.

  O alumnado de ESO dos grupos 1ºB, 2ºC e 4ºA participamos en días pasados no proxecto Alimentación Diver-sá, que tiña como uns dos seus obxectivos, concienciar á comunidade educativa respecto dunha boa alimentación e a prevención de diversos trastornos da alimentación. Para isto, investigouse sobre os beneficios dunha dieta equilibrada e variada e a […]

AUDACITY

A maioría das veces, cando queremos usar unha aplicación, temos que instalala. Este proceso dura algúns minutos e crea un directorio no disco duro do computador onde estará toda a información relacionada co programa que se necesita para usalo. As aplicacións portables non necesitan ser instaladas, podes simplemente executalas e comezar a usalas de inmediato. O único que tes que facer é descargar o arquivo e gardalo nalgún lugar.

mallandonoandroid

Para todos os que empregades dispositivos con Android presentamos está páxina que vos vai poñer ao día.

hijo-del-hombre

Para nós Félix Muriel é o noso Instituto, para Rafael Dieste foi un pseudónimo que empregaba de xeito ocasional. Coma el, moitos ilustres da literatura utilizaron alias. Unha ampla nómina de escritores ocultaron a súa verdadeira identidade baixo alcumes: Azorín, George Orwell, Hergé, Pablo Neruda, Rubén Darío, Voltaire; por citar unicamente algúns dos máis notables.

Os motivos do uso de sobrenomes son moitos: coidar a privacidade, afastarse da sombra dalgún familiar famoso ou simplemente como unha estratexia de venda.

285 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.