A loita contra o cambio climático foi polo que o pasado venres 27 de setembro, millóns de persoas se concentraron nas prazas de todo o planeta. O cambio climático é xa un vello coñecido pese ás moitas voces que o negan e a súa existencia produce innumerables catástrofes como é o desxeo dos polos.
Iniciado por Greta Thunberg no seu país, Suecia, é agora un movemento mundial, como se puido ver o mes pasado. Nesta folga reclamábaselles aos gobernos de todo o mundo que tomaran medidas ante a crise climática e aos cidadáns resistencia masiva.
Foi a comezos de século que se empezou a tomar conciencia dos problemas relacionados co planeta e as actuacións levadas a cabo ata o momento foron totalmente insuficientes. O apoio multitudinario recibido pola convocatoria é mostra inequívoca da implicación das xeracións máis novas, a miúdo tan criticadas pola súa indiferenza. Por outra banda, nas redes sociais tamén se deixou ver o interese polo tema con numerosos “hashtags” chegando a ser “trending topic”. Esta non foi a primeira folga convocada para esixir medidas eficaces para os males do noso planeta, xa que houbera outra en marzo, mais nesta ocasión alcanzáronse cifras de seguimento maiores. Xa só en España houbo máis de 120 manifestacións e estímase que en todo o mundo máis de 4.000.000 persoas pararon para esixir medidas aos gobernos.
Se ben coas folgas e manifestacións non se vai conseguir todo o necesario, a implicación social non fai máis ca medrar e é máis necesaria ca nunca. A experiencia dinos que sen ser presionados, os gobernos limítanse a acordos baleiros que non supoñen cambios.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]