Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:
Hai unhaochoios semanas () que trouxemos a Bico da ría os vídeos de Juan Frieiro “O Choio” quen, impulsado polo seu neto Román (ex-alumno do IES), se presentou ao concurso de Youtubeir@s . Esta fin de semana, soubemos que vén de gañar naCategoría de vídeo-facermos. Parabéns!

Por Paula Cambeses (2º Bac. A)

O venres vinte e trPaula Cambeses e Mónicaes de marzo, dous compañeiros e máis eu, animados pola profesora Mónica Iglesias, decidimos ir á facultade de química de Santiago de Compostela co obxectivo de presentarnos a XXXV edición da olimpíada galega de química. Esta fase consistía basicamente en dúas probas cunha duración dunha hora cada unha. A primeira estaba composta por un total de vinte e dúas preguntas tipo test relacionadas con contidos vistos durante os dous anos de bacharelato. Na segunda parte, había que resolver dous problemas e un caso práctico, no que se debía calcular a cantidade de sulfitos presentes nun viño de Chantada.

O  ex-alumno deste centro e colaborador do ENDL, Martín Castro Tubío, acaba de gañar o primeiro premio do ConcMartín Castrourso Internacional de Sinfonía de Vento de Tailandia xunto a outros tres novos cos que forma o cuarteto de saxo Psaiko Quartet. O premio ten unha dotación económica equivalente a case tres mil euros. Parabéns!!

Martín estudou no conservatorio ribeirense mentres estaba no instituto, tamén foi alumno da aula Galega de Saxofón antes de ir continuar os seus estudos en Mallorca.

Juan “O Choio” é un rianxeiro de 80 anos, ultimamente ten moito éxito como youtubeiro. O seu neto, Román Castaño, ex-alumno do centro, foi quen o introduciu nas novas tecnoloxías. O outro día o xornal “La Voz de Galicia” publicou un artigo sobre este feito, trala repercusión que están a ter os seus vídeos. Deixamos aquí o enlace a cinco deles:

choio video 1 pasar da fama choio video 3 mantensa do can  choio video 4 cartos netos choio video 5 a xuventudechoio video 2 escaquearse comida

 

AMIPA

AMIPA son as siglas que corresponden a ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DA COMARCA DO SAR. Estiveron con nós na Semana Solidaria.
Fórmano un grupo de persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais e persoas voluntarias, son persoas cun proxecto compartido.

video 12A Discapacidade Intelectual foi tratada na Semana Solidaria que realizamos no IES coas achegas que nos fixeron membros da Asociación Con Eles, dirixida a persoas de entre (18 e 65 anos de idade) afectadas por discapacidade psíquica. Teñen un centro privado en Vilagarcía

285 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.