Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

Cada día ao redor de 137 mulleres no mundo morren asasinadas a mans dun home, segundo datos da ONU; a isto a RAE decide chamarlle “violencia doméstica” en lugar de “violencia de xénero”. Tratar de quitarlle importancia á violencia machista non é unha solución razoable para erradicala.

Moitas mulleres son asasinadas polas súas parellas ou persoas da súa familia, pero moitas outras son escollidas ao azar por descoñecidos, homes aos que non lles importa a cal delas roubarlle a vida, secuéstranas para violalas e logo matalas; unha situación que se ve todos os días e que nos obriga ás mulleres a vivir con medo.

Por outro lado, non só non debemos reducir a violencia machista a unha violación, senón que tamén debemos incluír a prostitución forzada, a discriminación laboral, na que as mulleres reciben un pago inferior ao traballo que levan a cabo, ou o aborto selectivo por sexo, que consiste en interromper un embarazo segundo o sexo previsto do bebé, entre moitas outras maneiras de violencia machista.

2014-Intercambio con Burela-1

2014-Intercambio con Burela-1

O Equipo actual do IES Félix Muriel débelle moito a Xesús Costa Rodil, que nos acaba de deixar. Foi el quen lle entregou á que, no ano 2002, acababa de ser nomeada coordinadora, unha folla manuscrita co que lle parecía que debían ser os obxectivos básicos do ENDL para normalizar o galego no IES e en Rianxo. A súa ampla experiencia no ensino,

videoxogos

(Por Iria e Alba)

Videoxogos…, un tema moi soado na actualidade, verdade? Día a día, vense nenos obsesionados con pasar pantallas e pantallas ata chegar a un “final”, olvidar o xogo e coller outro. Poden os videoxogos ser un problema serio? Ou é algo inofensivo? É bo que os pais os regulen?

 

(Por Alba e Iria)

Deberes… Non fai falta explicar que son. Coñecidos coma os pesadelos da rapazada e adolescentes, son un tema moi soado. Hai quen apoian as tarefas fóra do tempo escolar, hai quen din que deberían ser opcionais e hai quen defende que non serven para moito e que só  quitan tempo. É realmente certo que son prescindíbeis? Ou en verdade axudan ó desenvolvemento académico?

 

caixa01-2peqTI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa caixa03-2peqcultural-educativo en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas (peóns), no que se pretenden poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galiza, contestando cuestións sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas (175 tarxetas – pregunta por tema):

  1. lingua, literatura
  2. historia, política
  3. monumentos, patrimonio, arte
  4. música, cinema, espectáculos
  5. ciencias, xeografía, recursos

TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñecementos culturais medios sobre Galiza. De todos os xeitos poderán xogar nenos e nenas a partir dos 12 anos de idade, aínda que polo contido cultural das preguntas, o ideal son persoas que como mínimo teñan o ensino secundario rematado.

Por Nuria Tubío

IMG_0314Marina Hortensia Riveiro é unha rianxeira que destaca por ser das primeiras empresarias que fundou unha fábrica de roupa para mulleres. Ela leva 48 anos no sector, é dicir, dende 1970. Concedeunos unha entrevista na que nos contou cousas moi interesantes sobre a súa historia.

  • A que idade empezaches a interesarte pola costura?

Pois xa dende ben pequena, tería uns nove anos, ía para a casa dunha veciña. Alí eu cosía cousas coa máquina que ela tiña, e sempre que eu faltaba na casa sabían que eu estaba alí cosendo porque era realmente o que me gustaba facer.

  • Nun momento en que había moitas mulleres que cosían nas casas e para fóra, como decidiches montar unha fábrica?

285 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.