Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Por que foi tan importante a revolución dos caraveis? (por Paula Ordoñez)

Fai 45 anos, nun 25 de abril de 1974 un grupo de militares comezou unha revolución que marcaría a historia e se convertería nunha das rebelións máis importantes: a revolución dos caraveis.

Portugal levaba dende 1926 sumido nunha ditadura que se denominou “Estado Novo” ou “Salazarismo” debido ao nome do seu gobernante Oliveira Salazar. Unha ditadura que como todas, exerceu represión sobre aqueles que non pensaban como eles e que privou todo tipo de liberdades encarcerando a aqueles que loitaban e se negaban a vivir nesa situación , tal e como se fixera durante a ditadura nazi en Alemaña, a fascista en Italia e a franquista que aínda continuaba vixente en España.

Neste país sumido nunha depresión política, cultural e económica as esperanzas nun futuro diminuían así como aumentaba o descontento do pobo. En 1968 e tras a morte ditador Salazar, chegou ao poder Marcelo Caetano que fixo promesas sobre un goberno democrático que nunca chegou. O malestar xeneralizado fíxose evidente e uns militares decidiron o 25 de abril, ao son da canción “Grandôla, vila morena” de José Afonso, iniciar un golpe de estado. A pesar de que estes indicaron aos cidadáns que non saíran ás rúas, o pobo decidiu apoiar a rebelión, entre eles atopábase unha muller que decidiu repartir caraveis entre a xente. Dende este momento pasarían a ser o símbolo desta revolución. Deste xeito, fronte a esta situación o gobernador cedeu. Así converteuse na revolución que conseguiría acabar cun réxime ditatorial sen ter que disparar unha soa bala.

Esta revolución liberou a todo un pobo, un pobo sumido na pobreza, da desesperanza e na represión. Se volvemos a vista cara atrás na historia só nos atopamos un mundo violento onde só se conseguen os obxectivos a través das armas e da morte. Desta forma , atoparnos cunha revolución que conseguiu acabar con máis de corenta anos de ditadura sen ningún tipo de violencia e que conseguiu devolver o sorriso a todo un pobo é esperanzador.

Despois de 45 anos e nun mundo cheo de guerras e violencia, debemos lembrarnos destes militares e daquelas persoas do pobo que tiveron a valentía de enfrontarse a todo un goberno autoritario e ditatorial utilizando a mellor das armas : os caraveis.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.