Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A cocaína da xeración Z (por María Lorenzo)

Nos anos 80, unha das maiores preocupacións dos españois eran as drogas, as cales acabaron con toda unha xeración deixando cifras altísimas de mortalidade, co paso do tempo toda a sociedade deu un paso adiante para superar este gran problema quedando como un dos episodios máis negros da historia de España. Hoxe podemos afirmar que o xogo e as casas de apostas son a cocaína da xeración Z.

Aínda que esta afirmación soe moi forte nun primeiro momento, os datos xa están alarmando do gran problema ao que a nosa sociedade vai ter que enfrontarse nos próximos anos pois o 36 % dos ludópatas empezan a xogar sendo menores. A día de hoxe, as casas de apostas están cheas de xoves que buscan gañar cartos facilmente.

Desde a clase política xa existen reaccións debido a que están concienciados do gran problema que supón que os xoves estean expostos continuamente á xogo, pois desde certos partidos políticos preséntanse iniciativas para a regularización da apertura de casas de apostas e que estas non se convertan nun problema para a sociedade non en moi longo prazo.

Outra das razóns pola que a adicción ao xogo nos adolescentes será un dos maiores problemas na sociedade é á exposición sistemática á que se someten os mozos cada día de anuncios sobre todo na Internet, onde son bombardeados día a día con apostar a través da rede ou mesmo de aproximarse a casas de apostas físicas onde continuar co seu vicio ata converterse nun verdadeiro problema.

Cada vez , son máis os xoves que  acaban solicitando a axuda de profesionais pois aquela primeira vez que apostaron converteuse nunha constante á que xa non lle atopan saída. A sociedade española debería aprender do gran problema ao que se enfrontou nos anos 80, antes de que a ludopatía nos xoves se converta nun segundo capítulo dos episodios máis graves da historia de España.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.