Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / ...
O baúl do desprezo
Artigos nesta sección:

sillaNon me decato do mundo que me rodea até que me paro a escoitar. Oir é fácil, o difícil é escoitar. Entón decátome de que a xente non estuda castelán, estudia castellano, non come puré de cenoria, senón de zanahoria, non se senta na cadeira, séntase na silla. Dá a impresión de que xa non hai ninguén (ou como diría moita xente “nadie”) que coma cenorias, estude e sente na cadeira. Actividades tan básicas e rutineiras que aparentemente non cambiaron, mais non é o mesmo sentar na cadeira que na silla. Na teoría un galegofalante senta nunha cadeira e un castelanfalante séntase nunha silla. Na práctica moitos galegofalantes abandonaron as cadeiras e agora sentan nas sillas. E non estou falando dos galegofalantes que se cambian ó castelán, senón dos que seguen falando galego, pero sentan nunha silla.

Iago Varela elaborou un vídeo no que conta a súa experiencia no Blablacar e reflexiona sobre a existencia de prexuízos:

 

mafaldamordaza

A semana pasada fun facer o exame correspondente ó nivel de B1 en inglés ó Centro Británico de Santiago.

Todo ía ben, a pesar de que o galego estaba ausente no centro e só o falabamos tres ou catro persoas, por outra parte nada estraño neses lares, ata que ó porme a facer un dos exames no ordenador tiven que especificar cal era a miña primeira lingua (“choose your first language”, poñía). Despracei o rato pola lista de linguas que aparecían na pantalla: Catalá, Spanish, Zulú… e nada, o galego non estaba entre elas. Levantei a man preguntando onde estaba o galego. Un profesor indicoume que tiña que premer na opción “another language” e seguidamente escribir “Galician”.

Nisto se converteu o galego? Nunha “another language” dentro de Galiza? Noutra linguacalquera dentro do seu país? Tan insignificante que nin sequera aparece nun listado de idiomas? Tan minusvalorada que hai que buscala para atopala?

Como ben dixo Rosalía: “a lingua galega é estranxeira na súa patria”.

O día das Letras Galegas é o día no que Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua, homenaxeando cada ano a unha figura significativa das letras galegas, co obxectivo de que isto “teña unha significación, un alcance e un eco non só nos ambientes minoritarios, senón nos ambientes do pobo.” A historia do […]

comisaria-ferrol-naronUn novo acto de discriminación lingüística produciuse nun lugar que eu non esperaría: a comisaría de Ferrol.

A noticia publicouse hai uns días no xornal Sermos Galiza, nela contábase como un veciño de Caranza  chamou a comisaría de policía da sua cidade, dirxíndose en galego ao interlocutor para

vibus-700x329Cantas veces, ao longo da historia, tivemos os galegos que escoitar expresións ofensivas, pexorativas, cargadas de odio e desprezo contra nós ou a nosa lingua? Cantas veces se empregou o termo “galego” como insulto ou con carga negativa? Cantas veces os galegos nos deixamos levar polos prexuízos e nos avergoñamos da nosa propia orixe? Cantas veces o permitimos? Moitas. Demasiadas.

10363956_10202132084845439_1449192878479230921_nAo longo da nosa historia, existiron diversos persoeiros que defenderon a nosa cultura e tentaron por todos os medios dignificar e ampliar o uso da nosa  lingua. Ano tras ano estudamos estes nomes: Castelao, Rosalía, Vilar Ponte, Risco, Pedrayo, etc. e admiramos as súas accións de loita, mais, son eles os únicos heroes da nosa lingua? Os únicos que día a día teñen que sufrir o desprezo dos ignorantes e facerlle fronte? Por suposto que non. Nós mesmos, cada vez que alzamos a voz para defender os nosos dereitos como galegofalantes, convertémonos en heroes, xa que hoxe en día, isto non é unha tarefa doada.

Aldara ten dezanove anos, é monolingüe en galego e estuda industria alimentaria na Coruña. Alí, a maioría de persoas coas que se relaciona día a día son castelanfalantes,

  Por Sergio Lamas e Iván Caamaño (2º Bac. B) O Comité de expertos sobre linguas rexionais e minoritarias, organismo dependente do Consello de Europa, reúnese este luns en Compostela con diversas entidades do país para examinar o grao de cumprimento da Carta Europea das Linguas Minoritarias con respecto ao galego entre 2010 e 2013.  Esta […]

21 Artigos | 1  | 2  | 3  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.