Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / O baúl do desprezo
Un novo acto de discriminación lingüística na comisaría de Ferrol.

comisaria-ferrol-naronUn novo acto de discriminación lingüística produciuse nun lugar que eu non esperaría: a comisaría de Ferrol.

A noticia publicouse hai uns días no xornal Sermos Galiza, nela contábase como un veciño de Caranza  chamou a comisaría de policía da sua cidade, dirxíndose en galego ao interlocutor para denunciar un ataque informático que sufrira, e este negouse a atendelo por non entender a lingua na que lle falaba, e díxolle que para denunciar nese idioma se tiña que dirixir á comisaría para falar con alguén que pudese entendelo.

Estamos ante un caso moi forte de discriminación lingüística e ademais nunha institución pública como é a Policía, que debería saber galego e dirixirse en galego á cidadanía que empregue esta lingua. Marcos Maceira, presidente da Mesa, denuncia ademais que é inadmisible que unha persoa desta profesión se dirixa así a un cidadén, xa que o seu deber é velar polo cumprimento dos dereitos da cidadanía e non desprezalos atacando a quen os fai valer.

A Mesa denunciou o caso perante a Comisaría de Ferrol e tamén ao Valedor do Pobo, o Ministerio do Interior e a SXLP. Trátase dun caso gravísimo de discriminación lingüística, xa que se a Administración pública burla e non cumpre as normas, os cidadáns respetaranas aínda menos, e a situación do galego empeorara aínda máis.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.