Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / O baúl do desprezo
Europa avalía a situación do galego obviando a visión dos equipos e dos técnicos de normalización

 

Por Sergio Lamas e Iván Caamaño (2º Bac. B)

informe cartaO Comité de expertos sobre linguas rexionais e minoritarias, organismo dependente do Consello de Europa, reúnese este luns en Compostela con diversas entidades do país para examinar o grao de cumprimento da Carta Europea das Linguas Minoritarias con respecto ao galego entre 2010 e 2013.  Esta reunión celebrouse o pasado 6 de outubro sen ter en conta o coñecemento, a visión nin a opinión dos técnicos que traballan no día a día do proceso de normalización en Galicia, como son os que forman parte da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) e mais da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización de Dinamización Lingüística (CGENDL), que agrupa os equipos de máis de 450 centros escolares de toda Galicia. O comité de expertos  non contou coa particiación dos representantes destes técnicos, ao contrario que noutras avaliacións anteriores onde si puideron dar datos sobre a situación do galego no ámbito do ensino non universitario. Con todo, si recibiron información de varias entidades públicas e colectivos sociais que velan pola defensa e promoción da lingua, como o Instituto da Lingua Galega (ILG), O Consello da Cultura Galega,  ou a Mesa pola Normalización Lingüística.CELRM

A CGENL fixo pública unha nota de prensa e un informe sobre a situación do galego no ámbito educativo

gertgertgertNel Vidal, representante da CTNL, asegurou que era un erro non contar cos profesionais do ambito, pois “empobrece o informe do comité de expertos, dado que,  ao ser a CTNL unha entidade que reúne as persoas que no día a día traballan en normalización lingüística desde diversas entidades, ámbitos e zonas, poderiamos achegar datos, información e opinións valiosas para que ese informe fose o máis completo e obxectivo posible”.  Do mesmo se queixaron desde a CGENDL pois manifestan ser os que coñecen de primeira man a situación da lingua nos centros de ensino non universitario.

Ambas entidades coinciden que vai faltar información e o informe vai quedar incompleto ao faltar a visión de partes importantes.  “Somos quen xestionamos o proceso de normalización no día a día en entidades como concellos ou universidades, en ámbitos como a administración ou empresas, e xestionando accións de formación, de dinamización ou de asesoramento e que, polo tanto, coñecemos moi ben a situación, os problemas concretos ou as cousas que hai que mellorar nas diversas zonas do país e nos diversos sectores e ámbitos sociais” aseguroulle a Praza Nel Vidal, que aclara que “a visión dos técnicos complementa a información, visión e opinión desas outras entidades convocadas”. , asegura tras unha decisión que é difícil de entender tendo en conta o amplo coñecemento que da situación sociolingüística do país ten a CTNL ou a CGENDL no caso específico do ensino.

O Estado elaborou un informe sobre a situación lingüística de Galicia, onde  non se recoñece practicamente ningún problema e pinta unha situación idealista moi afastada da realidade. Por iso era importante que o Comité contase co coñecemento real da situación xa que, aínda que o informe derivado non é vinculante, si o é a Carta Europea que di por pór un exemplo, “que todos os nenos e nenas teñen o dereito a recibir o ensino no seu idioma”,  pero os informes ano tras ano louvan a política lingüística de Cataluña e Euskadi nese ámbito e danlle toques á Xunta xa que en Galicia, en lugar de avanzar, retrocedemos, debido a que nas cidades o galego só ten presenza nun número reducidísimo de aulas.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.