Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / O baúl do desprezo
Heroínas da nosa lingua

10363956_10202132084845439_1449192878479230921_nAo longo da nosa historia, existiron diversos persoeiros que defenderon a nosa cultura e tentaron por todos os medios dignificar e ampliar o uso da nosa  lingua. Ano tras ano estudamos estes nomes: Castelao, Rosalía, Vilar Ponte, Risco, Pedrayo, etc. e admiramos as súas accións de loita, mais, son eles os únicos heroes da nosa lingua? Os únicos que día a día teñen que sufrir o desprezo dos ignorantes e facerlle fronte? Por suposto que non. Nós mesmos, cada vez que alzamos a voz para defender os nosos dereitos como galegofalantes, convertémonos en heroes, xa que hoxe en día, isto non é unha tarefa doada.

Aldara ten dezanove anos, é monolingüe en galego e estuda industria alimentaria na Coruña. Alí, a maioría de persoas coas que se relaciona día a día son castelanfalantes, incluídos os seus compañeiros e compañeiras e o profesorado. Aparentemente, isto non debería supor ningún impedimento para ela á hora de desenvolverse na súa lingua, mais non é así. O autoodio que algún galegos sofren, provoca que desprecien a súa propia lingua e aos seus falantes. Este é o caso dalgúns compañeiros/as de Aldara, quen ten que sufrir os comentarios pexorativos que estes fan sobre a lingua que ela utiliza, comentarios que firen non só á persoa en si mesma, senon ao aprecio que esta sente pola lingua.

Algunhas destas críticas son:

-          “Non saber falar o galego polo feito de utilizar gheada e seseo.” A ignorancia de quen tal di non lles permite saber que a gheada e o seseo non son máis que variantes dialectais, que na expresión oral están totalmente aceptadas.

-          “Si falas galego tes que usar o galego normativo.” Tampouco son quen de ver que, na expresión oral, todos somos libres de empregar calquera dos rexistros do galego e das súas variantes. Se ben os castelanismos e interferencias lingüísticas son moi abundantes no galego falado, isto non significa que o falemos mal. É máis, moitos castelanfalantes ou  falantes de calquera outra lingua, fan uso de vulgarismos ou expresións erradas, pero non son criticados. Sen ir máis lonxe, aqueles compañeiros que tachan de incorrecta a fala de Aldara, son os que empregan expresións como “kelli”, “neno”, etc.. que tampouco están incluídas na normativa castelán.

Aldara está sometida a estas críticas a diario, e se quixera podería rematar con esta situación moi facilmente, simplemente deixando de falar galego e falando castelán, lingua que domina á perfección. Así, os compañeiros/as deixarían de meterse con ela e coa súa forma de expresarse, e deixaría de estar sometida a todos estes prexuízos. Pero ela, no lugar de avergoñarse da súa fala e renegar dela para “encaixar” entre tanto castelanfalante, elexiu erguer a súa voz  e a súa lingua, elexiu facerlle fronte a estes comentarios negativos no lugar de esconderse, elixiu non deixar que o galego siga sendo considerado de pobres e paletos, elixiu defender activamente a súa lingua, e o seu dereito a empregala, elexiu non renunciar ou avergoñarse  da súa identidade como galega, elexiu estar orgullosa dela.

Ela tamén é unha heroína!




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.