Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

“Dime, que tes Galiza, que non queres falar? Ou é que non queren que fales, que fales, que fagas e fas mutis no escenario, no que ao mellor mutar, a túa lingua propia, o teu son, o teu cantar”. Así comeza o reguetón “Galiza latina” de Jeremías Arriaga e os seus compañeiros do IES As Barxas de Moaña, coordinados polo profesor Seso Durán.

Aquí vos deixamos o vídeo e a letra:

No Félix Muriel celebramos o Día do Libro con actividades durante toda esta semana. Podedes participar no concurso “Descubre o título e o autor do libro” . No taboleiro da entrada principal do edificio central tedes as portadas dos libros que debedes identificar e nel podedes dar a vosa resposta.           […]

Facémonos eco  da moción popular que  GULIR (Grupo de Usuarios de Linux de Rianxo) quere entregarlle ao grupo de goberno do Concello de Rianxo para que sexa levada ao vindeiro pleno municipal coa intención de que nos mapas asociados ás redes sociais muden dunha vez por toda Rianjo por Rianxo, o único topónimo correcto tal e como di a lexislación desde hai moitos anos.

Convidámosvos a adherirvos á moción, ben entrando no facebook e premendo nun “gústame”  ou ben anotándovos no seguinte formulario:http://goo.gl/forms/qaJ5uatRU1

PRAZO: ata o 17 de abril.

O Texto da moción é o seguinte:

Por Carmela Castro Este pasado martes 24 de marzo, rapaces e rapazas do IES Félix Muriel ofrecémonos voluntarios para voltar ao cole no que crecemos e lerlles un conto ás novas alumnas e alumnos. Como bos e boas exalumnas que somos, nada mais entrar debuxóusenos un sorriso na cara ao recordar vellos xoguetes, instalacións… e […]

Por Jennifer Lorenzo Creo  (2ºBAC B)

     prexuizosUnha guerra interminable, batallas gañadas pero moitísimas perdidas. Si! Estou falando da nosa lingua o galego. En pleno 2015 as cifras non melloran con respeto o número de galego falantes, ben é certo que se avanzou moito na normalización da lingua pero non o suficiente… pois os prexuízos arraigados notoriamente na sociedade galega e incluso española increméntanse con moita forza.

    Aquelas persoas que si son galegofalantes e intentan salvar unha lingua milenaria, non só se teñen que enfrontar a aquelas persoas que estigmatizan a lingua, aquelas que diante dunha cámara falan galego (en certas ocasión) pero na súa vida cotiá utilizan o castelán, desprestixiando a nosa lingua nai, se non que teñen que facer fronte os medios de comunicación (en castelán), videoxogos (en castelán e inglés), prensa (en castelán) televisión (en castelán) redes sociais (en castelán e inglés)…  estase  así; probablemente nunha situación tan crítica do galego como,  na época franquista pois nesa época estaba prohibido falar a nosa lingua mais os galegofalantes estaban aí e na actualidade si se fala o galego aínda que o número de galegofalantes diminúe.

Anteriormente o alumnado  de bacharelato encargábase de organizar e decorar todo o centro. Este ano, as cousas mudaron, polo que todas as clases que quixeron adaptaron un recuncho do instituto para a súa propia celebración. O alumnado do último ano, en conxunto, realizou un plan de escape para o día da apocalipse na que, as […]

786 Artigos |   | 1  |   | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.