Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Lendo contos nos coles: Asados

Por Carmela Castro

Este pasado martes 24 de marzo, rapaces e rapazas do IES Félix Muriel ofrecémonos voluntarios para voltar ao cole no que crecemos e lerlles un conto ás novas alumnas e alumnos.Lecturas Asados 1

Como bos e boas exalumnas que somos, nada mais entrar debuxóusenos un sorriso na cara ao recordar vellos xoguetes, instalacións… e como non, aos profesores que aínda seguen alí.

Desde o colexio enviáronnos un conto que a eles lles gustaría traballar, titúlase Nanaquë e preparámolo para ler en dous espazos diferentes: nun deles estaban 42 pequeniños de infantil e noutro todo o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria. As profesoras xa o tiñan Lecturas Asados 7

escaneado e proxectábano nunhas pantallas xigantes mentres nós llo liamos. Pero tamén lemos outros que levabamos nós escollidos das nosas casas e que fixeron a delicia dos pequenos.

Lecturas Asados 4

NanaquëRosa carameloMariluz avestruz, Simios, A ra… foron algúns dos contos que aos rapaces lles gustaron tanto. Ademais, dúas compañeiras de 1º Bacharelato contáronlle un conto que prepararon para os máis  maiores (4º, 5º e 6º) sobre as orixes do galego.

Foi unha experiencia moi agradable que sen dúbida volvería a repetir.

 

   Lecturas Asados 5  Lecturas Asados 6




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.