Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Tal e como demos conta en artigos anteriores, este ano o Premio Leixaprén, que organiza e concede a CGENL, entregouse no noso centro. Agora deixámovos dous vídeos do acto.

Unha versión curta onde se recollen as palabras moi atinadas de Sés:

Nestoutro recóllese case a totalidade do acto de entrega:

Por LIDIA GONZÁLEZ BECERRA (2º BAC. B) Os prexuízos son un tipo de actitude que se manifestan en sentido negativo. Estas actitudes son aprendidas ao longo do proceso de socialización do individuo, no que a infancia e a adolescencia constitúen períodos críticos. As familias, profesorado e medios de comunicación son os principais axentes para a […]

O número 15 de “Ollos de Aula”, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado trae artigos moi acaídos para ler nesta época estival:

Nesta última entrega podemos ler interesantes artigos que responden a preguntas que moitos pais e nais se fan chegada esta época estival. Unha delas respóndea unha persoa coñecida por todos nós, a que foi orientadora no noso centro: Cristina Galdo Leal. Elaborou un interesantísimo artigo arredor da seguinte cuestión: “Pódese recuperar o curso no verán?” 

Por Paula Fariña (1º Bac. A) Carla e Santi queríanse moito, moitísimo. Pero como calquera outro mozo de dezaoito anos ten que decidir que facer coa súa vida, que estudar. Santi marchaba para a capital a formarse para ingresar no corpo de policía, mentres que Carla quedaba en Vigo a estudar dereito. Cinco anos estiveron […]

creadores rianxeirosPor fin sae á luz!! Despois de dous anos de traballo conseguimos mostralo este martes, 10 de xuño, diante da prensa (Podedes ler a noticia no Diario de Arousa, que non respectan aquilo de “Como cho digo!”).

Está prevista unha presentación pública na que participen creadores e creadoras durante a Feira do libro que se ha celebrar na nosa vila no vindeiro mes de xullo, pero mentres podedes ver o contido na páxina do proxecto RianxoFala, do que esta publicación forma parte.

Por Lidia González Tristemente, hoxe en día temos que dicir que o galego está totalmente afastado e excluído de diversos ámbitos como é a igrexa, o mundo da xustiza ou as forzas armadas. Nos sectores socioeconómicos ou deportivos a situación mellora pero aínda hai moitos aspectos que deberían mudar. Precisamente, durante este trimestre tivemos que […]

Por Laura Longo

internet

No camiño cara á normalización do galego, a rede é un dos ámbitos onde claramente máis se avanzou.   A   pesar   de   continuar   sendo   un   idioma   non   aceptado   por   parte   da   poboación,   ou simplemente menosprezado, o galego segue adiante.

O intercambio Rianxo-Burela do que xa demos debida conta en artigos anteriores, creou vincas moi importantes. Alumnos e alumnas que manteñen contacto, profes que nos sentimos aínda máis unidos do que xa estabamos e colaboracións e proxectos nos que colaboramos. Dolores Vicente (Lolita), membro activo do ENDL do noso IES en representación do persoal non […]

786 Artigos |   | 1  |   | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  | 32  | 33  | 34  | 35  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.