Por Jennifer Lorenzo Creo (2ºBAC B)
Unha guerra interminable, batallas gañadas pero moitísimas perdidas. Si! Estou falando da nosa lingua o galego. En pleno 2015 as cifras non melloran con respeto o número de galego falantes, ben é certo que se avanzou moito na normalización da lingua pero non o suficiente… pois os prexuízos arraigados notoriamente na sociedade galega e incluso española increméntanse con moita forza.
Aquelas persoas que si son galegofalantes e intentan salvar unha lingua milenaria, non só se teñen que enfrontar a aquelas persoas que estigmatizan a lingua, aquelas que diante dunha cámara falan galego (en certas ocasión) pero na súa vida cotiá utilizan o castelán, desprestixiando a nosa lingua nai, se non que teñen que facer fronte os medios de comunicación (en castelán), videoxogos (en castelán e inglés), prensa (en castelán) televisión (en castelán) redes sociais (en castelán e inglés)… estase así; probablemente nunha situación tan crítica do galego como, na época franquista pois nesa época estaba prohibido falar a nosa lingua mais os galegofalantes estaban aí e na actualidade si se fala o galego aínda que o número de galegofalantes diminúe.
Como se dixo anteriormente os prexuízos son unha forma de bombardear o galego. Anos atrás calificábase de “paleto” a aquela persoa que falaba o galego, hoxe en día pode haber xente sen ningún tipo de base que o pense pero un dos prexuízos que máis forza está collendo na actualidade, e como ben dixo Miguel Rodríguez Carnota nun recente artigo é o de adxudicar nacionalista á persoa galegofalante, a aquela que expón unha certa complicidade cara á lingua e que sinta como propia, e antes que o castelán, o galego. Este prexuízo esténdese con maior velocidade debido a situación que vive Cataluña neste momento en España.
Ante este “panorama” é moi difícil loitar, pois como xa se dixo, hai unha serie de agravantes que están aí e unha das armas que ten o galego é a Lei decretada no 1983 de Normalización Lingüística, unha arma de dobre fío que tanto pode ser beneficiosa como perxudicial pois para que as xeracións futuras utilicen e sintan o galego como de seu a Lei de normalización terá que concretarse en algo novo, chamativo e que atraia así a máis falantes e intentar desbancar a aquelas persoas agochadas nas sombras que intentan acabar con todo.
Ninguén dixo que fora facil… e a guerra non está gañada un futuro incerto agarda. Si! Pero iso non quere dicir nada. E os e as galegofalantes estaremos aquí para facernos valer e impedir que varran o chan connosco.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]