Imaxe de cabeceira
O IES rebole

As actividades do noso centro

Artigos nesta sección:

No IES seguimos traballando no proxecto  Comenius.Comenius 1

 

ourense4O día 20 de Novembro, os alumnos de 4 ESO A, B e PDC, visitamos as termas de Ourense. Estas son unha espepcie de charcas pero con auga moi quente, e son naturais. Non todo o mundo se atreveu a bañarse, xa que chegamos a estar a -3ºC ,

A semana pasada realizamos a votación para escoller o logo do proxecto Comenius deste ano. Cada país presentaba un e despois entre eses escolliamos o mellor.

Debido a un problema técnico non puidemos facelo en videoconferencia, así que gravamos os noso votos nun video e mandámolo aos outros países.

Cando tivemos todos os votos realizamos outro vídeo no que anunciamos o gañador. O logo que gañou foi o de Portugal. Noraboa!! Podédelo ver nestoutro vídeo:

contos-de-medo-no-museo

Xa non me levantara de moi bo pé, desvelárame unha hora antes de ter que espertar e non conseguira retomar o sono . Sonou o espertador e erguinme. Pese ao meu cansazo, parecíame que sería un bo día. Amañeime como puiden e cando me din conta xa estaba no autobús de camiño a Lugo. De repente lembrei que só lera tres dos catro relatos do libro.

lomceA polémica e as queixas do pobo non lle gañaron o pulso ao Parlamento. O 10 de outubro foi aprobada a LOMCE no Parlamento. Soamente o partido que goberna está de cordo coa nova Lei de Educación…

Inicio curso 5

Xa estamos de novo traballando con vós.

 ¡¡E temos formato novo en WordPress!!

Miro Villar é un poeta galego nado en 1965. Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, narrador, tradutor e crítico literario. Ademais traballa como profesor de lingua e literatura galega.

Na súa charla puidemos darnos conta de que a maioría da súa obra é culturalista, xa que moitos dos seus poemas necesitan coñecementos da matería poética e de certa cultura para poder entendelos perfetamente. Pero a súa poesía tamén ten trazos intimistas, como el mesmo dixo, a súa biografía afectou moito na súa obra.

Falounos tamén de como comezou a escribir e ao final tamén atendeu as nosas preguntas.

E aquí queda o vídeo da súa charla

O venres 15 de febreiro, tivemos connosco a Séchu Sende, autor de obras como Made in Galiza ou Orixe. Antes de dar a charla aos nosos compañeiros-as, foi entrevistado por un grupo de alumnos –as de 4º A. Neste encontro, Séchu falou sobre a súa obra e vida e dounos a súa opinión sobre temas actuais como as reformas no sistema educativo que el coñece de primeira man xa que é mestre de Lingua e Literatura Galega.
A pesar de ser castelán-falante, aos 16 anos, decidiu comezar a falar galego por unha razón afectiva, porque é a lingua de súa nai e porque era unha lingua minorizada, que moita xente escondía, e el non quería ser unha desas persoas. Ademais era a lingua que falaban os debuxos que máis lle gustaban de cativo e os profesores-as que máis lle marcaron. A escritora que máis influiu na súa obra el foi Rosalía de Castro xa que é de Padrón e a presenza desta intelectual sempre foi moi significativa dentro da súa familia.
Non sempre quixo ser escritor pois houbo varias etapas na súa vida nas que se quixo adicar ao xornalismo e a pintura (o seu pai pintaba). Aos 17 anos recibiu un premio por un poema que enviou a un concurso, e desde aquela decidiu ser escritor. O primeiro libro que publicou foi aos 20 anos e desde aquela non deixou de escribir, sempre en galego.
Decidiu ser profesor de galego xa que quería transmitir á xente nova os valores e habilidades que el aprendera para intentar cambiar as cousas en relación a situación da lingua galega. Tamén nos dixo como sería a súa clase ideal, viaxando polo mundo en busca de diferentes culturas.
Logo preguntámoslle que opinaba da nova reforma no ensino, ao que respondeu que lle parecía unha reforma absolutamente destrutiva e elaborada desde o punto de vista nacionalista español, que provoca os distintos conflitos lingüísticos que se dan aquí.
Estes conflitos así como os prexuízos lingüísticos foron os motivos polos que escribiu Made in Galiza. Tamén nos comentou que tardara toda a súa vida en escribir este libro e púxolle este título porque representaba unha marca de identidade. Nel foi recollendo distintas anécdotas , nun total de 200 relatos, se ben só incluíu 40 nesta obra.

211 Artigos |   | 1  |   | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  |   | 27  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.