Imaxe de cabeceira
O IES rebole

As actividades do noso centro

Artigos nesta sección:

bicoO alumnado de PCPI e primeiro de bacharelato acudiu este luns a Santiago de Compostela ao Teatro Principal para ver a obra “Bicos con Lingua” da compañía Thalia Teatro. Esta obra de  cincuenta minutos de duración afonda na situación sociolingüística de Galiza, é representada por Toño Casais e  Artur Trillo.

Aida, Aldara e María O pasado 7 de maio, recibimos no IES ao alumnado de Burela que participa con nós no intercambio. Cando chegaron ensinamoslle o centro e logo subímolos o salón de actos onde lle  interpretámos  A Rianxeira e Lela, e contámoslle o traballo que realizamos durante os cursos nos que leva activo o […]

María, Aldara, Aida e Tofik

entrada do IES PerdouroO pasado luns día 28 de abril fomos, o alumnado do noso IES, ao instituto Perdouro de Burela para realizar a actividade do Intercambio que vimos facendo tradicionalmente.

Aquí vos deixamos a nosa crónica (con enlace á gravación do programa de radio feito en directo durante a actividade)

AVG IES FÉLIX MURIEL 5-4-14A proposta era tan sinxela coma atractiva:  poñer en marcha un gabinete de comunicación no noso IES para tratar de difundir a Semana Solidaria se levou a cabo,  e da que xa se deu boa conta en Bico Da Ría.  O coordinador de tal proxecto non sería outro ca Ángel Suanzes, xornalista da TVG.

Porén, dubideino. Era unha semana de exames, a pesar ó interesante do proxecto (aínda máis para unha teórica aspirante a xornalismo), precisei dun tempo para decidirme. E alégrame dicir que finalmente

Durante a semana do 7 ao 11 de abril estamos a desenvolver no noso IES un conxunto de actividades que tentarán explorar o tema da solidariedade dende múltiples perspectivas: dende un ciclo de cine que consiste na proxección dun filme cada día da semana, ata  varias exposicións da man de organizacións coma Cruz Vermella ou […]

realizado por: Aldara Muíños Rodríguez, Cinthia Carou González, María Domínguez Pérez

 

Dentro do proxecto Comenius no que estamos participando varios alumnos do IES Félix Muriel, organízanse visitas aos diferentes países.

IMG_8182

Comezamos coa primeira  a Sesimbra, Portugal, neste Entroido. Alí,  tres alumnas reunímonos co alumnado turco, alemán e portugués.

Baixo o lema Ti tamén sumas, o noso instituto ten programada unha semana de actividades, obradoiros, charlas, proxeccións e teatro adicada á solidariedade.

Cruz Vermella, Médicos Sen Fronteiras, A CREBA, AMiPA, a Fundación Paideia ou o Centro de Educación Especial de Vilagarcía son algúns dos colectivos que participarán nestas actividades.

A programación destas actividades solidarias correu a cargo dos Departamentos de Ciclos de Formación Profesional e de Orientación.

Para dar a coñecer estas actividades o IES Félix Muriel lanzou unha campaña nas redes sociais na procura da madriña ou padriño para esta iniciativa. Múltiples artistas coñecid@s enviaron xa os seus vídeos, que están a ter unha magnífica acollida na rede. AQUÍ VOLOS DEIXO

Podes seguir a nova na prensa: SERMOS GALIZA

Podes descargar a programación en pdf aquí: Programa_Actividades_Semana_Solidaria_Ti_Tamén_Sumas

211 Artigos |   | 1  |   | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  |   | 27  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.