Imaxe de cabeceira
O IES rebole

As actividades do noso centro

Artigos nesta sección:

Hai un ano, tres compañeiros do noso instituto viaxaron a Korzcyna, Polonia. Meses despois, dúas alumnas visitaron Kos, Grecia. E agora do 2 ao 7 de maio,catro rapaces do IES Félix Muriel acompañados por dúas profesoras, faránunha estancia dunha semana en Nordhorn, Alemaña. Alí vivirán cunha familia alemana, compatirán vida escolar e visitarán a cidade e mais outras localidades próximas alemanas e holandesas como Groningenk, Onabrük e BadBentheim.

Nestes últimos meses o alumnado integrado no grupo estivo ocupado elaborando fundas para os trípticos, buscando información e sobre todo producindo un corto en inglés para levar a Alemaña usando o glosario en dez linguas elaborado conxuntamente por todos os centros da asociación.

Grazas ao Comenius, algúns rapaces teñen a sorte de poder ter contacto co inglés e con outraslinguas, de coñecer xente e países novos, e de vivir experiencias que serán inolvidables.

O pasado día 15 de marzo de 2011 fixemos unha saída a Santiago para asistir a esta fantástica obra de teatro. Representaron unha adaptación do libro “La Casa de Bernarda Alba†do autor granadino Ferderico García Lorca, o cal foi asasinado na Guerra Civil

Aqui convidámosvos a ver algunhas das fotografías que sacamos o luns día 28 de marzo, cos alumnos do IES Auga da Laxe. Realizouse esta esta actividade coa finalidade de animar aos nosos convidados a que falen galego, xa que os de Gondomar non utilizan esta lingua habitualmente. Sobre este particular dicir que cando se dirixían a nós os de Rianxo, facíano en galego pero entre eles seguían mantendo o costume habitual que teñen de falar castelán.

Nerea Frieiro e Carla Aido 4ºB

O próximo 3 de maio devolveremos a visita de intercambio ós alumnos e alumnas de Gondomar.

Ídevos preparando pois precisades a autorización no prazo requerido e tede en conta que temos as prazas limitadas (52)

O martes, día 22 de marzo a cuarta hora da mañá o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistimos a unha charla realizada por un profesor de Oxford que trataba sobre datos históricos dos distintos continentes do mundo. Comezou por Europa e seguiu por América do Sur, África, Oceanía,  acabando por América do Norte.

 O día 11 de marzo, os alumnos e alumnas de PDC,  3º, 4º de ESO e algúns de Bacharelato asistimos á quinta hora a unha charla chamada sobre a exposición que houbo as pasadas semanas no noso instituto, IES Félix Muriel, titulada Terras de acolá.

Aqui temos o folleto do intercambio. Fai clic na imaxe para velo e unha vez aberto tamén podes descargar o PDF (abaixo á dereita na frecha)

                                 

Nesta imaxe tes enlace co Mirador de A Curota de www.turismoenxebre.com  Ten moitas fotos e ao final in vídeo panorámico e tamén un enlace a Google maps

      Hai cousa dun mes os alumnos de 4º da E.S.O. e os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, fomos de excursión de inglés ao Teatro Principal de Santiago de Compostela.
     A obra que fomos ver era “Os tres ratos cegos” de Agatha Christie. Tratábase dun fragmentiño titulado “Tempo pra matar”.

     A actividade iniciouse como calquera outra no noso I.E.S.: ás nove e vinte collemos o autobús. Durante o traxecto pasámolo moi ben, e en cuestión de vinte minutos aproximadamente chegamos a Santiago de Compostela. Os profes deixáronnos cousa de trinta e cinco minutos sós ás voltas por Santiago.
      Ás once e media iniciouse o espectáculo; a obra entendíase ben (case á perfección), pois os actores tiñan un inglés moi fácil de comprender.

      A acción desenvólvese nun hotel. Este abre as súas portas ese mesmo día; pero mentres non chegan os hóspedes, a dona prende a radio na que se comeza a emitir “unha obra para radio”que conta o asasinato dunha muller en Londres, e di como vai vestido o asasino. Cando comezan a chegar os hóspedes, a dona fíxase en que todos eles traen as mesmas vestimentas (as vestimentas que anteriormente se dixo na radio que levaba o asasino). No desenvolvemento da obra, chega ao hotel un home que di ser policía de Londres, que lle di á dona que o asasino da muller (da que se falara na radio) estaba escondido entre os hóspedes do hotel.
     O policía vai interrogando aos hóspedes un a un; pero nun momento dado prodúcese un asasinato: unha muller que noutros tempos fora xuíza aparece morta. Despois dun momento de tensión, o policía intenta matar á dona do hotel; pero unha das hóspedes evita que iso aconteza. A explicación, que se coñece ó final, é a seguinte: esta muller era irmá do policía, quen non era quen dicía ser, senón que era un dos rapaces que a xuíza que mataron lle otorgou á muller que fora asasinada en Londres. A dona do hotel fora a profesora dos rapaces, e o rapaz (xa adulto), quixo asasinala por non facer nada en contra dos malos tratos que sufrían .

203 Artigos |   | 1  |   | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  |   | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.