Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Obradoiro: contos de medo no museo

contos-de-medo-no-museo

Xa non me levantara de moi bo pé, desvelárame unha hora antes de ter que espertar e non conseguira retomar o sono . Sonou o espertador e erguinme. Pese ao meu cansazo, parecíame que sería un bo día. Amañeime como puiden e cando me din conta xa estaba no autobús de camiño a Lugo. De repente lembrei que só lera tres dos catro relatos do libro.

 

Preguntarédesvos de que libro falo pero velaquí a miña explicación. Uns días antes da saída a Lugo, a mestra de galego repartíranos un libro a cada un, “Contos de medo no museo”, unha serie de catro relatos de medo. A nosa tarefa consistía en lelos para a data da saída. Consoloume pensar que só me quedaba un relato e que o podía ler tranquilamente nas dúas horas de camiño que había de Rianxo a Lugo. E así o fixen.

 

Cando chegamos ao Museo Provincial de Lugo, un home recibiunos amablemente nunha sala, mentres nos explicaba en que consistía o obradoiro. Divisala 16diunos en catro grupos de aproximadamente 6 persoas e, confiando na nosa previa lectura dos relatos, a cada membro do grupo entregounos un papel  que contiña un plano do museo xunto con vinte preguntas. Cada grupo tiña un papel distinto correspondente a un relato do libro. O obradoiro consistía en ir contestando esas preguntas, algunhas atopábanse no libro e outras nas distintas salas do Museo. Pero isto non era todo, tiñamos máis ou menos media hora para respostar o máximo de preguntas correctamente e ao finalizar a tarefa atopármonos todos nunha das salas do museo, a sala 16, a adicada á pintora lucense Julia Minguillón. Só había unha condición para os participantes: quedaba prohibido correr polo museo.

 

Tres, dous, un… TEMPO!!!

 

As preguntas correspondían a respostas sinxelas de atopar. Cada grupo distribuise e espallouse polo muso. Pasamos polas distintas salas apresuradamente, sen tempo para observar a obra que alí residía.

 

O espazo máis fermoso foi o Claustro. Alí había un pozo no cal tiramos unha moeda e pedimos un desexo. Posteriormente, guiados polo papel, tiramos pola corda da roldana para observarimages de que material estaba feito o caldeiro do pozo. Teño que confesar o respecto (por non dicir medo) que sentín ao achegarme demasiado ao pozo, pensando en que aparecera aquela man invisible da que falaba o meu relato e me empurrara cara ao seu interior.

 

Cando me dei conta, xa estaba na sala 16 e o meu grupo era o segundo en chegar con todas as preguntas respostadas. Eu estaba coa ilusión de ser gañadora, ao igual que cada persoa que compoñía o meu grupo, incluíndo a Mónica, a profesora de Física e Química que se mostraba competidora e con ánimo da vitoria.

 

Unha vez reunidos todos na sala 16, eliximos un portavoz de cada grupo para que respostara as preguntas. Contabamos con tres comodíns para poder utilizar no caso de dúbida. O obxectivo era respostar correctamente a todas as preguntas.

 

O primeiro grupo pasoumuseo con dúas respostas incorrectas. O segundo grupo, sen ningunha. O terceiro grupo con catro. E chegou o noso momento, o cuarto grupo. A primeira pregunta era correcta; a segunda, correcta; a terceira, correcta; a cuarta, correcta e así ata a pregunta dezaseis, na que pedimos o comodín, pero o responsable da actividade non entendeu a nosa petición e respostamos a opción incorrecta. Sentíame indignada, así coma as miñas compañeiras e comezamos a protestar.  Pero non lle había que facer, acabábamos de ser derrotadas por pouco polo grupo 2. O premio consistiu nuns bolígrafos do museo que só podo contemplar nas mans dos meus compañeiros gañadores mentres os locen escribindo nos seus cadernos…

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.