Imaxe de cabeceira
O IES rebole

As actividades do noso centro

Artigos nesta sección:

Por X. Ricardo Losada (titor de 2º Bacharelato B)

 Discurso do acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do curso 14-15

Para Ana Rivas

11109440_959266824104049_2699960706673770423_nCando o equipo directivo me pediu que dixese unhas palabras neste acto de entrega de orlas de 2º de Bacharelato, recordei o personaxe dunha novela que, con 60 e poucos anos, di: Estoy en la juventud de la vejez. Como eu tamén estou na xuventude da vellez, pensei que era unha boa oportunidade para comparar eses dous tipos de xuventude, a que vivira á vosa idade e a que comezo agora. Contareivos simplemente qué aprendín ao longo dos anos sobre a utilidade das materias que máis tiven que estudar no instituto, para que saibades que nada do que dicimos os profesores sobre a importancia das nosas materias é verdade. Mentimos como rufiáns. Pero como o equipo directivo me dixo que dispuña, como máximo, de 5 minutos, cinguireime só a dúas.

10996347_959266757437389_3721722152529173695_nComezarei pola que case todo o mundo considera a materia máis importante, Matemáticas. A razón de que non as estudase sendo a materia que máis me gustaba no instituto, foi descubrir que aquilo que me dicían os profesores de Matemáticas era falso. Nin eran exactas nin resolvían ningún problema importante. Decateime ao namorarme. Cando a miña primeira moza me dixo que aceptaba saír comigo, sentinme o tipo máis guapo e atractivo do mundo. Un, eu, era igual a 10. Cando faciamos o amor, sentíame

Por Sarai Mariño Delgado (4ºESO-C)

Como todos os anos, o instituto organiza excursións de fin de ciclo. Nós, os alumnos e alumnas de 4°ESO, este ano fomos a Madrid.

Saímos de Rianxo o 23 de marzo ás 6.30 da mañá e puxemos rumbo cara Madrid. A verdade é que a viaxe fíxose demasiado longa xa que íamos en autobús. Ás 9 e pouco da mañá paramos nun restaurante a almorzar algo antes de seguir e unha vez feito iso, non volvemos a facer ningunha parada máis ata chegar a Madrid. Así como nos íamos acercando á capital cada vez chovía máis e máis…

Madrid 4O primeiro que fixemos ó chegar foi ir a comer a un Burger King que había polo Paseo do Prado e pouco despois dispuxémonos a ir ao Museo desa mesma zona, é dicir, ao famoso Museo do Prado.
Dividímonos en dous grupos e fomos co guía a aprender distintas cousas sobre as obras de arte que había, faláronnos de Zeus, Afrodita, Apolo, Neptuno e da propia Cibeles, así como tamén nos contaron algo sobre a antiga relixión tanto católica como as diferentes que hai polo mundo.

masterclass (2)O pasado mes, eu (Sarela Betanzos Freire) e Carlos Piña López, alumnos de 2˚de Bacharelato, asistimos a unha masterclass de física en Santiago de Compostela.

A xornada comezou con dúas charlas didácticas impartidas por Carlos Pajares, catedrático de Física ca USC, e Cibrán Santamarina, docente da facultade, que nos introduciron na física de partículas,

Anteriormente o alumnado  de bacharelato encargábase de organizar e decorar todo o centro. Este ano, as cousas mudaron, polo que todas as clases que quixeron adaptaron un recuncho do instituto para a súa propia celebración. O alumnado do último ano, en conxunto, realizou un plan de escape para o día da apocalipse na que, as […]

Por: María Villanustre e Sandra Cerqueiras (1º ESO)  O pasado venres 5 de decembro, nenas e nenos de 1ºA , 1ºB , 1ºC e alguns ne nos de 1ºD, estivemos facendo unha videoconferencia con 14 londinenses de segundo de secundaria do instituto “Cañada Blanch”, un instituto de Londres no que dan como lingua optativa o […]

O víndeiro mércores, día 19 deste mes de novembro, celebrarase a gala de entrega dos premios audiovisuais OUFF Escola, en Ourense. O noso instituto está convidado porque enviamos unha curta. Asistiremos como representantes do centro tres alumnas de terceiro (que participamos no proxecto desde 1º ESO) e dous profesores. O vídeo que realizamos durante os […]

 Por Alba e Aitana

20140930_130622ROs pasados días 29 e 30 de setembro, a agrupación teatral Quinquilláns fixo unha representación teatral polas rúas de Rianxo. O percorrido comezou na casa do concello,  onde apareceron o Padre Leiro e o mariñeiro Manuel, que nos levaron á casa-museo de Manuel Antonio.  No balcón da casa esperábanos Luciña, para empezar o ensaio da Fiestra Valdeira. Tras unha parada na taberna e diante da casa dos nosos máis ilustres escritores, chegamos á Praza da Igrexa, onde, por fin, puideron comezar a ensaiar.reduc 1

Así o viviron dúas compañeiras:

Por Aida Barros (3º ESO B)

A actividade realizada o pasado martes pareceume moi entretida e instrutiva, pois á parte de  entreter e divertir; amosounos, hoxe en día, un cachiño da historia de Rianxo.

Xa foi hai uns días cando tivemos a xornada de convivencia e intercambio co alumnado e profesorado do IES Perdouro de Burela. Gravamos algunhas escenas en vídeo e fixemos esta montaxe que deixa unha idea do ben que o pasamos…

211 Artigos |   | 1  |   | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  |   | 27  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.