As actividades do noso centro
Hai seis anos, como Teseo chegou a Creta, chegastes vós ao Instituto, dispostos a percorrer o seu labirinto. Primeiro obrigatoria e despois voluntaria e valorosamente, dispost@s a loitar contra o Minotauro, ese monstro voraz que vos agardaba oculto en cada proba, en cada exame. Ese monstro atopástelo tamén no voso interior (inseguridades, ansiedades, tristuras) disposto a devorarvos en calquera momento e a derrotarvos no voso camiño. Pero lograstes dominar o monstro, rematar a tarefa e saír do labirinto, non para regresar á casa-nai, senón para iniciar a vosa viaxe polo mundo, para entrar nun novo labirinto: a vida!
Todo o alumnado de 1º ESO puido disfrutar do espectáculo do polifacético noiés, Serafín Marcos. Quédavos aquí un vídeo coa actuación:
O pasado 4 de marzo deste 2016 dúas estudantes de 2º de Bacharelto do IES Félix Muriel fixemos unha viaxe a Santiago de Compostela , onde tivemos o pracer de asistir a unha Masterclass relacionada coa Física de Partículas, denominada Física de Partícula coas mans, experiencia que compartimos con varios institutos de Galicia.
O pasado luns, 1 de febreiro, tivemos a sorte de que nos visitase o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo xunto co Comisario de arte Miguel Fernández-Cid. Tal e como anunciamos nun artigo anterior, quedaron impresionados co traballo que realizou o alumnado do noso IES coa obra plástica de Castelao, polo que decidiron vir vela en primeira persoa.
Estiveron falando con eles durante vinte minutos, tempo no que os felicitaron e contestaron algunhas preguntas, entre elas a razón de termos un Ano das Artes e o motivo da escolla dos dous artistas homenaxeados ata o momento. Agasallámolos cos nosos “pensamentos”.
Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz
O Departamento de Física e Química ten intención de ir alá. Para iso anímavos a participar no concurso de fotografía. Entrade no artigo, lede as bases … e Animádevos!
Alá polo 2009, cando chegamos a este instituto eramos pequenos (uns mais que outros) e estabamos asustados, mais tamén ilusionados, xa que por fin estabamos no colexio dos grandes, onde sempre había anécdotas que contar, onde ías coñecer xente nova e onde, aínda que non o sabiamos, iamos medrar un pouquiño como persoas. Hoxe, despois deste longo camiño, miramos atrás e recordamos os mellores momentos que vivimos aquí: cando descubrimos que o instituto non se trataba só de sentar nunha aula e ler libros, senón tamén de bailar bachata e vals, de cantar “Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía”, de tocar o “Himno á alegría” na frauta doce ao sinal de 1, 2 “imos a tempo”, de demostrar as nosas dotes artísticas debuxando cos ollos pechados, de excursións a Salou, a París, a Londres, a Madrid, a Porto, experiencias cas cales nos coñecemos mellor entre todos e coas que formamos un grupo moi unido.