Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Prexuízos lingüísticos: unha reflexión desde a actualidade

Por LIDIA GONZÁLEZ BECERRA (2º BAC. B)

Os prexuízos son un tipo de actitude que se manifestan en sentido negativo. Estas actitudes son aprendidas ao longo do proceso de socialización do individuo, no que a infancia e a adolescencia constitúen períodos críticos. As familias, profesorado e medios de comunicación son os principais axentes para a súa formación.

En primeiro lugar, os prexuízos baséanse en esteriotipos. Se preguntamos polo perfil social típico dun galegofalante a resposta é: persoa de idade e do ámbito rural. En realidade, este exemplo, demostra a situación sociolingüística de Galicia dos nosos días xa que, lamentablemente, pódense contar as poucas mozas e poucos mozos que falan e loitan contratodos os prexuízos que existen sobre a súa propia lingua. En canto os rapaces das cidades, non só non a falan, senón que consideran que o galego estase impoñendo e consecuentemente atenta contra a liberdade individual e o dereito á elección de lingua.

En segundo lugar, no caso do galegofalante típico, o prexuízo xurde ao non aceptar a calquera persoa que fala o galego e que non encaixa nese perfil. Por exemplo, non é a primeira vez que me preguntaron se ”eu tamén era do bando das nacionalistas” polo feito de defender a miña propia lingua e por considerala superior ó castelán. Dende logo, hai crenzas verdadeiramente absurdas en pleno século XXI que son incapaz a poder entendelas.

En terceiro lugar, os prexuízos forman parte dunha percepción errónea. Seguindo o exemplo anterior, se o galegofalante pertenceu a clase máis atrasada foi porque o galego estivo marxinado da escrita e dos usos formais. Só podían estudar os que tiñan recursos económicos; e os que estudaban facíano en castelán. Así xurdiu a idea de que os ”dominantes” ou ”poderosos” eran os castelánfalantes. Parece ser que ninguén sabe ou quere facer por saber cuestións deste tipo que axudan a eliminar prexuízos imcomprensibles nos nosos días.

Baixo o meu punto de vista, e retomando o anterior, o problema máis grave é que hoxe en día os pais educan aos seus fillos en castelán (aínda que eles sexan galegofalantes).

Este feito é o causante de todos os prexuízos, xa que a medida que os nenos van medrando van tendo actitudes negativas cara a o galego, a lingua que os seus pais lle fan crer que é menos útil. Unha pena!




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.